Resultados das eleccións xerais de novembro de 2019 en Rianxo

11 Nov

Analizados os resultados das eleccións xerais de novembro no concello de Rianxo, a pregunta que nos facemos moitos é: cambiou moito o voto? Hai partidos que gañan e que perden votos. Vaiamos cos titulares:

1. Votou menos xente: 658 veciños decidiron non ir votar nestas eleccións, supoñemos que por cansazo. A participación pasou 6.962 persoas (73,78% dos votantes) a 6.304 (66,82%). É dicir, case 7 puntos menos.

2. O PSOE foi o partido máis votado, igual que nas pasadas xerais. Pero perde 237 votos, en concreto de 2.020 a 1.783 apoios.

3. O PP foi o segundo máis votado, aumentando en 25 apoios (hai que lembrar que hai menos votos, polo que ter máis papeles con menor participación é moi destacado). Pasa de 1.641 a 1.666 votos.

4. O BNG pasa da cuarta á terceira forza máis votada. En total, 127 votos máis (de 879 a 1.006 papeletas).

5. Unidas Podemos baixa da terceira á cuarta forza máis votada. En concreto deixa 314 votos, pasando de 1.137 a 823 apoios.

6. VOX é o quinto partido con máis votos en Rianxo. Subiu de 334 papeletas a 514, é dicir, 180 votos máis.

7. Ciudadanos é o partido que máis votantes perde: pasa de 572 a 229 papeletas. De abril a novembro deixan 343 apoios.

8. Máis País-Equo, o partido de Errejón, ten 73 papeletas, un simbólico 1,17% dos votos.

A segunda pregunta que nos podemos facer é: Rianxo é de esquerdas ou de dereitas? Claramente de esquerdas. Pero as opcións políticas (que non os partidos), seguen moi parecidas. É dicir, os votantes teñen ideas parecidas, simplemente que cambian de partido.

Pode dar a impresión de que moita xente votou a VOX, pero trátase de persoas que seguramente votaron a Ciudadanos. E que nesta ocasión castigaron o partido de Albert Rivera, dando o seu apoio a outras formacións, con case toda probalidade VOX e PP.

De feito, a conclusión máis sorprendente que observamos revisando estes datos é que a porcentaxe de apoio aos partidos de esquerdas aumentou? Si, pode parecer un erro, pero non.

  1. En abril o 57,97% dos rianxeiros votou a un partido de esquerdas ou centro-esquerda. En novembro esta porcentaxe subiu ao 58,45%. As esquerdas aumentan case medio punto os seus apoios.
  2. Por suposto o bloque que porcentualmente máis aumentou o seu apoio foi o de dereita ou de centro-dereita, pasando do 36,58% ao 38,31% (+1,63%).

Como é posible? Moi sinxelo. O que gañan o PP (+25) e VOX (+180), pérdeo Ciudadanos (-343). En total perden 138 votos.

E o que perden o PSOE (-237) e Unidas Podemos (-314), gáñano o BNG (+127) e Máis País-Equo (+73). En total perden 351 votos. Agora ben, como tamén participou menos xente, a súa porcentaxe de votos, aínda que pareza estraño, subiu.

Para esta pequena análise non tivemos en conta os votos de PACMA (46), PCOE (20), PCTG (8), PUM+J (7) e Recortes Cero (5).

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: