Hoxe cólgovos aquí unha imaxe impresionante do monte do Araño. Ao fondo, sobre o Pico Muralla, vense unhas nubes preciosas que lle dan ao ceo un toque máxico.
A Rianxeira
9 MarNon, este post non é para falar desa coñecida marca de atún, senón do monumento á muller rianxeira. Como sabedes, Rianxo é porto pesqueiro. E aínda que de coller os peixes se adoitan encargar os homes, a tarfa de vendelos recae nas mulleres. Así que aquí o monumento á muller rianxeira, coa súa patela na cabeza cargadiña de xoubas (as máis ricas da ría de Arousa).
A praza da Igrexa ou praza de Rafael Dieste
27 FebXusto no casco antigo de Rianxo podemos unha pequena praza á que todos os rianxeiros chamamos a praza da Igrexa (se se pode buscar algo sinxelo, para que complicarse a vida, non?), aínda que dende o Concello está bautizada como praza de Rafael Dieste. Forma un bonito conxunto coa igrexa de Santa Columba, o cruceiro e o pazo de Martelo, que ata hai ben pouco era a biblioteca municipal.
Nas fins de semana de verán, cando fai bo tempo, a xente adoita ir á terraza que hai na praza polas mañás e ver como se casa a xente na igrexa. Ata o lugar chegan os coches coas mozas a piques de casar e suben polas bonitas escaleiras do santuario.

Igrexa de Rianxo Santa Columba

O pazo de Martelo