Non, este post non é para falar desa coñecida marca de atún, senón do monumento á muller rianxeira. Como sabedes, Rianxo é porto pesqueiro. E aínda que de coller os peixes se adoitan encargar os homes, a tarfa de vendelos recae nas mulleres. Así que aquí o monumento á muller rianxeira, coa súa patela na cabeza cargadiña de xoubas (as máis ricas da ría de Arousa).
Solpor antes da tronada
Voltando da faena.
Aínda que as mañáns sexan frías, as tardes e solpores están a ser espectaculares.
Paseo marítimo de #Rianxo
Ver poñerse o sol sobre a Serra do Barbanza e desfrutar destas cores de fantasía é un privilexio
Adrián Gómez Ramos, Primeiro Premio Xuventude Crea, vén de publicar a súa novela "Cando sangren os lobos"
Visitas
- 1.032.444 persoas deixáronse caer por aquí
Deixar unha resposta