O First Dates á Jaleja, celébrase no Araño

15 Feb

novaera1

Esta é sen dúbida a semana do amor. Acabamos de celebrar San Valentín, o día por excelencia dos namorados. E se en Cuatro tiveron un especial First Dates para conmemorar esta data, en Rianxo teremos o “First Dates á Jaleja”. En concreto o sábado 17 de febreiro pola noite.

A idea foi nin mái nin menos que de Raquel, a xerente do Bar Nova Era do Araño. Como se lle ocurriu? A verdade é que non o ten claro. Pero ao final xurdiu todo dun cóctel marabilloso onde se mesturaba o feito de que “nos achegabamos a San Valentín (e sempre hai quen non teña parella), de que sempre hai ganas de festa e de que á xente lle gusta o morbo”.

Dende logo os que máis e os que menos vimos o programa de televisión. Raquel, que fará as veces de Carlos Sobera, destaca que lle fai “graza o pintoresco do programa, a diferenza de gustos, de personalidades e demais”. Así que, por que non montar un First Dates galego? Dito e feito.

novaera2
Non obstante, neste caso cambia bastante a dinámica. Raquel confesa que non tería demasiado bo ollo para emparellar a xente. E como non teñen os medios do programa para analizar personalidades e facer test de compatabilidade, o mellor é vir xa coa parella posta. E optar ao premio que van regalar.

Hai que inscribirse previamente, pero non necesariamente tes que ser parella (poden ser dous amigos, dúas amigas, uns compañeiros…). Como di Raquel, “o amor non só se ten que ver en liña recta”, polo que non descartan ningunha combinación. Ao igual que en First Dates, tamén ceas por 15€ (quen convida xa é cousa dos que compartan a mesa). E ademais con pratos orixinais e súper chamativos.

Como veces haberá “preliminares”, “experiencias paixonais” e incluso un cócktail afrodisíaco gratuíto para dar a benvida aos “participantes”. Así irán “quentando motores e ambientando a velada”.

menu_novaera

O que pase no reservado das ceas gravarase en pequenos vídeos dun minuto de duración, que se compartirán nas redes sociais. Vamos, que non escatimarán en gastos, contando con cámara e guionista. Formarase un vídeo completo coas “historias de amor” dos participantes. E aqueles que máis gusten, levarán un premio. En concreto gañarán un pack para dúas persoas con cea, spa e actividades ao aire libre como rafting.

Despois da cea no reservado a idea é que a festa non pare, xa que contarán coa actuación de Bruno DJ, instalado xa nunha zona común.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: