Superadas as expectativas na inaguración do Mirador do Pico Muralla

25 Feb

A semana pasada inaugurábase no alto do Pico Muralla un mirador que medios como a Cope chegaron a definir como “un dos mellores de todo o Noroeste da Península”. Encravado entre Lousame e Rianxo, buscaba converterse nun referente turístico dentro do Barbanza, como tamén o é o mirador da Curota.

Imaxe de J_Bouzas

Era un lugar coñecido para moitos veciños de Rianxo, pero as marabillosas vistas comezaron a circular polas redes sociais. Só no Facebook de Rabunho Rexeita se compartiu unhas 1.300 veces o vídeo. Contemplar dende un único lugar Santiago de Compostela ou a ría de Vigo non sempre e moitos tomaron nota do lugar.

O que de seguro ninguén esperaba era a brutal acollida de visitantes que recibiu durante a súa primeira fin de semana. Como se se tratase das luces de Vigo, centos de coches acudiron durante o sábado e o domingo para desfrutar en primeira persoa dunha contorna única.

Éxito sen precedentes

O bo tempo atraeu a moitísima xente. Tanta que mesmo a Policía Local e a Garda Civil tivo que ir ata o lugar para dirixir o tráfico. O fluxo de coches era continuo, intentando aproveitar que os ceos estaban completamente espellados.

Só hai que ter en conta que nas recensións de Google podemos atopar 15 opinións durante estes últimos días, todas con cinco estrelas sobre cinco. Todas destacan as estupendas vistas e a natureza que rodea o miradoiro.

Como recomendación, se queredes visitar o lugar, agardade un chisco para evitar estas masificacións iniciais. Polas mañás hai tamén menos xente que polas tardes. E xa postos, aproveitade para non ir en coche, senón para facer unha das estupendas rutas de sendeirismo que pasan polo lugar. Así a experiencia será mellor.

Mirade senón canta xente había o pasado domingo. A imaxe é de Maite Mosconi:

Estamos seguros de que seguirá correndo a voz e que no verán será un lugar imprescindible para moitos veciños e persoas que se acheguen ata Rianxo e Lousame.

Se aínda non viches o miradoiro, compartimos algunhas das fotos que se difundiron nas redes sociais estes días.

 

Imaxe de @carpoges

Imaxe de @s_itati

Imaxe de @laurarual6

Imaxe de @marcogundin

Foto de @davidmeijided

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: