Antes de nada, darlle a noraboa á comisión de festas do Araño, que fixo un traballo marabilloso durante todo o ano para que os veciños do Araño tivésemos tres días de celebracións. A nosa felicitación!
Un dos actos centrais das festas do Araño é a celebración dos Milagres, que se fai o domingo pola mañá ao aire libre. Centos de persoas se achegaron durante toda a xornada ata o lugar para escoitar misa, mercar unhas rosquillas ou tomar algo.
Deixar unha resposta