Do 6 ao 13 de setembro teremos a enorme fortuna de desfrutar de Viladomar Rianxo. Máis alá dos muros. Nesta ocasión serán 5 artistas que pintarán en Rianxo, no Araño e en Isorna.
Unha das artistas que participará é a lucense ••••DOA•••• (en concreto de Sober) que, segundo explican dende o Facebook de Viladomar Rianxo ten un proxecto chamado REFORESTANDO, co que “intenta que a natureza recupere un pouco de terreno ante tanta masificación urbanística que se está a producir hoxe en día”. Debuxa murais con moita cor e cargados de elementos vexetais. A súa obra estará na Casa da República en Isorna.
Pola súa banda, no polideportivo de Rianxo estará Mutante Creativo. Trátase de artistas multidisciplinares que “teñen a súa sede en Ordes, A Coruña. Traballan en diferentes vertentes artísticas como son o arte mural, o deseño, a música, a organización de eventos…. sempre vinculados co street art e sempre con grande efectividade. En canto á súa faceta mural, xogan con fondos vibrantes de cor e grandes contrastes”.
Deixar unha resposta