O domingo 1 de outubro tivo lugar a I Andaina de 25 km do Barbanza, organizada por Barbanza Vintedouspes, coa colaboración do Concello de Rianxo. Apuntáronse preto de 200 deportistas a esta cita deportiva que partía dende Campo Maneiro, en Taragoña.
VII Andaina ao Pozo Bastón do Araño
22 SetEste domingo, 24 de setembro, a Asociación de Veciños do Araño celebrará a súa tradicional andaina ao Pozo Bastón. É gratuíta, non necesita apuntarse e sae ás 9 da mañá do hórreo do Araño.
Fotos da romaría dos Milagres do Araño 2017
10 AgoComo cada primeiro domingo de agosto, ata a capela dos Milagres do Araño acudiron centos de devotos. Acudían ofrecidos, pedindo un favor á virxe ou simplemente para desfrutar desta festividade relixiosa.
Fotos da XVIII Subida Castro Barbudo
7 AgoUn ano máis a Peña Cicloturista Castro Barbudo celebrou a súa proba máis veterana, que chegaba á maioría de idade. Desta vez chegou con novidades, xa que en lugar do sábado á tarde se desenvolveu durante a mañá do domingo. Ademais, había dúas categorías, a habitual marcha cicloturista, duns 31 quilómetros, e unha ruta de 62 kilómetros, puntuable para o Open De Galicia Xcm.
Fotos e crónica do II Trail Subida Pico Muralla “Concello de Rianxo”
25 XulO 23 de xullo tivo lugar o II Trail Subida ao Pico Muralla, organizado polo Concello. En Rianxo déronse cita preto de 120 participantes. Saíron de Setefogas polo paseo marítimo ata o paseo do río Te, para chegar a preto do Pozo Bastón e, dende aí, subir e subir ata o Pico Muralla. Nin máis nin menos que 670 de desnivel, un exercicio non apto para todas as pernas.
Por que levar un neno a un dos colexios rurais de Rianxo?
7 XulNo noso concello, as escolas de Cuvide, do Cruceiro, de Outeiro, da Capela, do Pazo, de Rañó, de Abuín e de Quintáns, forman parte dos Colexios Rurais Agrupados de Rianxo. A ANPA Irmáns Insua que aglutina estes colexios, lanzou un vídeo co de “animar as familias a matricular os seus fillos nas escolas do CRA, xa que algunhas debido, á baixa matriculación teñen o risco de pechar. Algo que sería unha pena”.
Hai que lembrar que lembrar que no 2013 pechou a da Vacariza, antes pechou a de Buía e hai unhas semanas coñeciamos a triste noticia do peche de varias escolas en Galicia, algunhas delas con moitos nenos.
Nesta ocasión as nais e pais cóntannos que tal a súa experiencia nestas escolas, que nada teñen que envexar a outras grandes.
Cales son os hórreos máis longos de Galicia
3 XuñO programa “Medias verdades” da TVG analiza que hai de verdade ou de media verdade niso de que o hórreo de Carnota é o máis longo do mundo. O resultado xa o sabiamos os de Rianxo, que contamos con dúas graneiras entre as máis grandes da comunidade: a do Araño e a de Rianxiño. Pincha na imaxe para ir ao vídeo.
Fotos do entroido no Araño 2017
25 FebQueremos darlle as grazas antes de nada a Eduardo por pasarnos as fotos de como foi a festa de entroido organizada pola Asociación de Veciños do Araño. Un ano máis, non faltaron as filloas, a orellas e a comida gratis. Ademais de moito humor e moitas risas.
Fotos da andaina ao Pozo Bastón 2016
2 OutUn ano máis, a Asociación de Veciños do Araño organizou unha andaina dende o hórreo máis grande do mundo ata o Pozo Bastón. Con 10 minutos de atraso sobre a hora da saída, as 9 da mañá, uns 65 veciños e visitantes animados pola marcha comezaron a ruta para combater o fresco da mañá. Polo medio do camiño fóronse unindo máis veciños, ata completar en total as 75 persoas. Velaquí algunhas fotos da cita.