Fotos e crónica do II Trail Subida Pico Muralla “Concello de Rianxo”

25 Xul

IMG_3147

O 23 de xullo tivo lugar o II Trail Subida ao Pico Muralla, organizado polo Concello. En Rianxo déronse cita preto de 120 participantes. Saíron de Setefogas polo paseo marítimo ata o paseo do río Te, para chegar a preto do Pozo Bastón e, dende aí, subir e subir ata o Pico Muralla. Nin máis nin menos que 670 de desnivel, un exercicio non apto para todas as pernas.

IMG_3088

O percorrido inicial foi bastante chan, o que permitiu que os corredores desfrutaran da paisaxe que ofrece a ribeira do río Te mentres mantiñan un ritmo alto.

II Trail Pico Muralla 089

Varios participantes charlaban precisamente do fermoso do percorrido nestes primeiros quilómetros, onde as nubes e unha temperatura agradable permitiron que o calor non fixera mella nas pernas:

II Trail Pico Muralla 069

Na nos últimos quilómetros, a dureza da subida fíxose notar e o esforzo notábase na cara dos corredores. Os postos de cabeza seguían inalterables dende o primeiro momento, como puidemos comprobar en Campelo. Maikel Rodríguez, de Salceda de Caselas, era o líder:

IMG_3191

A bilbaína Montserrat Vázquez era a primeira das mulleres:

IMG_3285

Para esta subida, algún mesmo optou por tirar de bastóns, xa que o desnivel era enorme:

IMG_3266

A pesar do cansazo, máis dun non dubida en sorrir e sentirse orgulloso fronte á nosa cámara. Non era para menos.

IMG_3290

IMG_3318

IMG_3315

Non obstante, o peor aínda estaba por vir. Tras cruzar a estrada enriba de campelo, agardaba un camiño de pedras sumamente empinado:

II Trail Pico Muralla 117

O ritmo era, por lóxica, máis lento, xa que a elevada pendente e o complicado do terreo facía que todos tiveran que ir administrando as forzas:

II Trail Pico Muralla 127

A paisaxe, e novo, convertíase na protagonista da proba:

II Trail Pico Muralla 136

Moitos xa preguntaban onde estaba a meta e onde se coroaba a proba, porque a verticalidade da ruta semellaba non ter fin:

II Trail Pico Muralla 135

II Trail Pico Muralla 238

II Trail Pico Muralla 230

Algún incluso quixo aproveitar para descansar un chisco mentres posaba diante do obxectivo:

II Trail Pico Muralla 214

E tras a dura proba, os corredores regresaron a Rianxo en autobús, para recibir os máis que merecidos premios:

II Trail Pico Muralla 338

Álbums da proba:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: