O 23 de xullo tivo lugar o II Trail Subida ao Pico Muralla, organizado polo Concello. En Rianxo déronse cita preto de 120 participantes. Saíron de Setefogas polo paseo marítimo ata o paseo do río Te, para chegar a preto do Pozo Bastón e, dende aí, subir e subir ata o Pico Muralla. Nin máis nin menos que 670 de desnivel, un exercicio non apto para todas as pernas.
Tag Archives: Trail de Rianxo