Arquivo | O Araño RSS feed for this section

Festas do Araño 2016

8 Ago

Aranho_2016 (1)

O domingo 7 de agosto tivo lugar a romaría da Virxe dos Milagres do Araño. Este ano non houbo festa como tal, pero si as tradicionais misas, na capela que está preto da igrexa. Durante toda mañá a calor foi a gran protagonista, pero iso non impediu que moitos devotos se achegasen ao lugar dende a primeira hora.

Seguir lendo

Restauración do cruceiro de Pousada, no Araño

5 Xuñ


Hai 15 días, o lugar de Pousada, no Araño, volveu recuperar o seu cruceiro, despois de que no ano 2009 se partise. O motivo foi un temporal, que provocou que caese ao chan, partíndose en varios cachos, como se pode ver nas imaxes.
Seguir lendo

Subida ao Pico Muralla

9 Abr

A finais deste mes, en concreto o 24 de abril, terá lugar I Trail 500 verticais Pico Muralla – Concello de Rianxo, organizado tamén pola Asociación Barbantia Roda.

Para os que vos preguntades que é iso do trail, vén a ser algo así como unha modalidade deportiva na que corres por camiños e corredoiras no monte, cruzandoi regueiros e tamén un importante desnivel. Neste caso, o terreo para desfrutar deste deporte será o monte do Araño, xa que os participantes sairán do lugar da Hermida (O Araño) ás 11 da mañá para subir ata o Pico Muralla. Un desnivel nin máis nin menos que de 530 metros en 6 quilómetros. O punto de chegada será precisamente o Pico Muralla, que con 678 metros é o punto máis alto de Rianxo, cunhas vistas espectaculares.

Se desexas participar, podes inscribirte no I Trail 500 verticais Pico Muralla dende esta web.

Fotos e crónica da IV BTT Concello de Rianxo

25 Feb

23022016-saida (2)

Sabemos que hai moita xente impaciente por esta entrada coas fotos e a crónica da cuarta edición da BTT Concello de Rianxo, que ademais este ano, como novidade, tamén foi andaina. E aquí a tedes. Faltan algunhas fotos por saír do forno, pero xa temos listas máis de 2.750 imaxes, polo que tedes para buscarvos e buscarvos.

Seguir lendo

Proba de pastores alemáns no Araño

24 Feb

21022016-HPIM1842

Esta fin de semana tivo lugar no Araño unha proba da Delegación de Galicia do Real Club Español do Can Pastor Alemán (CEPPA). Tratábase dun evento clasificatorio para o Campionato de España.
Seguir lendo

Entroido 2016 no Araño

7 Feb

entroido araño 027

A pesar de que onte fixo un día de cans e de que no centro de Rianxo se suspenderon as actividades relacionadas co entroido por culpa do mal tempo, no Araño seguiron co programa previsto ao ser dentro do centro sociocultural. E a pesar da chuvia torrencial e do vento forte que soprou a primeira hora da tarde, numerosos veciños acudiron á cita. Víase que había ganas de desfrutar do entroido, e non só foron do Araño, senón que dende outras parroquias achegáronse a pasar unha tarde entretida en familia.

Seguir lendo

O magosto 2015 no Araño

2 Nov

fotos 257

O pasado sábado celebrouse no centro sociocultural do Araño o tradicional magosto que organiza a asociación de veciños. Nesta ocasión asáronse preto de 40 quilos de castañas que estaban boísimas. Aquí podedes ver un pequeno resumo do que foi a xornada.

Seguir lendo

Magosto no Araño

30 Out

Quen ten ganas de castañas quentiñas? Pois mañá, 31 de novembro, no Araño haberá a fartar e de xeito gratuíto. Na Centro Sociocultural van celebrar o magosto, contando ademais con inchables e noso Magosto. Este ano pensamos nos máis cativos, polo que teremos inchables e tamén coa actuación de Fanfarra Títeres coa súa obra “A caixiña máxica”. O grupo A Restreva tamén animará a tarde e se queredes tomar algo na cantina, os prezos estarán tirados 😉

V Andaina ata o Pozo Bastón dos veciños do Araño

21 Ago

aranhoandainaComo cada ano, e xa van cinco, a Asociación de Veciños do Araño organiza unha ruta ata o Pozo Bastón. A andaina terá lugar o domingo 30 de agosto, partindo dende o hórreo máis longo do mundo (se hai algún despistado que non é da parroquia, é o que está detrás da igrexa) ás 9 da mañá.

A ruta irá ata o Pozo Bastón e volverase ao punto de inicio, co cal serán arredor de 12 quilómetros. Como indican dende a Asociación, “apuntádevos é de balde, bo para saúde e como de costume teremos algunha sorpresiña (os que fostedes xa sabedes…)”. E os que non fóstedes, xa vos digo eu que teñen avituallamento e do bo, que aínda se nota que tocou o Gordo de Nadal hai uns anos alí 😉

Fotos da andaina ata o Pozo Bastón

10 Ago

Ruta pozo Bastón  (1)

Onte pola mañá convocamos a quen se animase a participar nunha andaina duns 11 quilómetros, os que unen a Ponte de Té, en Taragoña, co Pozo Bastón, no Araño. E a verdade é que a experiencia non puido resultar mellor, xa que ao percorrido fomos unhas 42 persoas, ás que se uníu outra media ducia na Ferrería. Velaquí un pequeno resumo rápido de como foi a mañá.

Seguir lendo