A pesar de que onte fixo un día de cans e de que no centro de Rianxo se suspenderon as actividades relacionadas co entroido por culpa do mal tempo, no Araño seguiron co programa previsto ao ser dentro do centro sociocultural. E a pesar da chuvia torrencial e do vento forte que soprou a primeira hora da tarde, numerosos veciños acudiron á cita. Víase que había ganas de desfrutar do entroido, e non só foron do Araño, senón que dende outras parroquias achegáronse a pasar unha tarde entretida en familia.
Non puido faltar a música, así que A Restreba foi a encargada de botarlle unha pezas ao persoal para q
Outro clásico do Araño son é a filloeira que vén dende Asados e que pasa toda a tarde dándolle ao maquinillo para preparar centos de filloas, que non tardan en desaparecer.
Comentar que os veciños do Araño tamén prepararon biscoitos e orellas, que se serviron gratis entre todos os asistentes. Así que de novo, darlle as grazas polo traballo e a estupenda labor de cohesión social que realizan.
Deixar unha resposta