O domingo 7 de agosto tivo lugar a romaría da Virxe dos Milagres do Araño. Este ano non houbo festa como tal, pero si as tradicionais misas, na capela que está preto da igrexa. Durante toda mañá a calor foi a gran protagonista, pero iso non impediu que moitos devotos se achegasen ao lugar dende a primeira hora.
De feito, precisamente polo duro que pegaba o sol, moita xente decidiu este ano ir antes ou ben marchar ao rematar a misa.
Ata o lugar, como podemos ver, foi moita xente ofrecida, portando velas.
Calquera lugar era bo para escapar do sol e tratar de que as altas temperaturas non afectaran:
As imaxes son da misa da 1 do mediodía, que remata cunha procesión da imaxe ata a igrexa do Araño.
Velaquí a Virxe dos Milagres, co seu tradicional manto de billetes:
Ademais de euros, puidemos ver billetes estranxeiros, como un de 20 libras:
A pesar de que non houbo festexos organizados por unha comisión de festas nin orquestras, si que houbo unha banda de gaitas durante a mañá. Locais da zona, como o Casilla, si que aproveitaron a nivel particular a noite do sábado para organizar un evento con música.
Momentos antes de entrar no adro da igrexa:
E aquí a piques de entrar xa dentro do templo:
Algunha freguesa, como podemos ver, mesmo fixo a procesión descalza:
Deixar unha resposta