O pasado sábado celebrouse no centro sociocultural do Araño o tradicional magosto que organiza a asociación de veciños. Nesta ocasión asáronse preto de 40 quilos de castañas que estaban boísimas. Aquí podedes ver un pequeno resumo do que foi a xornada.
O primeiro era limpar as castañas antes de asalas. E xa vedes que estaban ben gordiñas.
Despois do esforzo inicial, nada mellor que botar unha partida ao futbolín. E gratis! Eu teño que dicir que o Raposo (á dereita) me deu unha paliza impresionante. Non cheiraba nin os goles 😦
Preto das 6 da tarde comezáronse a asar algunhas castañas. Ao final o tempo acompañou e a chuvia non foi obstáculo para o magosto.
Tamén houbo inchables a disposición dos cativos rianxeiros, para que desfrutasen da tarde e á noite puidesen durmir ben 😉
A partir das 18.30 houbo teatro. A función durou arredor dunha hora, entre risas e grandes momentos.
O Araño contou por primeira vez con estación de tren. Agora só faltan os raíles.
Tamén estivo animando a tarde o grupo A Restreva, que tocou numerosas pezas do noso folk.
Fóra a xente apiñábase arredor da fogueira, para poder coller as castañas o máis quentiñas posible.
E dentro tamén había castañas a fartar, que se acompañaban con cervexa, viño branco ou refrescos.
Deixar unha resposta