Partido Unión femenino- C.D. Sar

3 Nov

_MG_5463

O pasado domingo achegámonos ó campo municipal de Vilas para presenciar o partido que enfrontaba ó Unión femenino co C.D. Sar.

_MG_5494

Nas gradas do campo había un moi bo ambiente e tanto os seareiros do Unión coma os do Sar se afanaban en animar as súas xogadoras.

O encontro estivo moi entretido e non exento de xogadas con duras entradas que fixo que por varias veces se detivese o partido. Nun destes lances, unha das xogadoras tivo que ser trasladada fóra do terreo de xogo por mor dun golpe bastante forte.

_MG_5321

Foi moi gratificante ver a todas esas rapazas no campo xogando ó futbol, cando o máis normal é que estes partidos sexan de homes. Así que é un paso pequeno pero moi significativo no deporte feminino no noso concello.

Ao final a balanza decantouse do lado do Unión, que acadou un resultado de 3-1.

Deixámovos unhas cantas instantáneas do transcorrer do partido:

_MG_5178 _MG_5184 _MG_5192 _MG_5201 _MG_5202 _MG_5205 _MG_5223 _MG_5226 _MG_5227 _MG_5238 _MG_5248 _MG_5253 _MG_5259 _MG_5267 _MG_5276 _MG_5295 _MG_5316 _MG_5363 _MG_5365 _MG_5369 _MG_5375 _MG_5391 _MG_5398 _MG_5437 _MG_5458 _MG_5459 _MG_5494 _MG_5532 _MG_5537

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: