O pasado luns celebrouse en Rianxo a III carreira Popular Toffe-Concello de Rianxo, cunha grande afluencia de público e participantes, que acadaron entre tódalas categorías mais de 1000 inscripcións.
Xa dende as 10 da mañá, na vila se respiraba competitividade e alegría entre os participantes, e como non a ledicia de pais, avós, e irmáns dos mais pequechos que non disimulaban a súa ledicia e certo nerviosismos no intre de recoller os dorsais e agardar a que comezaran as súas respectivas quendas de participación.
Ás 10:45 comezaron os mais cativos do día coas carreiras das Xoubas que comprendían os anos 2010, 2011 e 2012
para proseguir correlativamente coas Sardiñas, Benxamíns e alevíns.
Xa á unha da tarde comezou a prova de absolutos cuns percorridos que variaban entre 2.250 metros para os infantiles, 6.600 metros para os cadetes e 10.000 metros para os mais veteráns.
O pistoletazo de saída para a categoría absoluta douna Uxío Abuín, campión do Circuito Europeo de Triatlón, e toda a retransmisión por megafonía das provas correu a cargo do histórico presentador de deportes da TVG Terio Carrera.
No seguinte enlace podedes consultar todas as clasificacións das carreiras:
http://emesports.es/event/iii-carreira-popular-de-rianxo/
e nos seguintes as nosas fotos que fomos facendo ó longo da mañá:
Categorías inferiores: https://www.flickr.com/photos/fotosderianxo/albums/72157660780617852
Categorías absolutas: https://www.flickr.com/photos/fotosderianxo/albums/72157658484947863
Podium: https://www.flickr.com/photos/fotosderianxo/albums/72157660812839591
Deixar unha resposta