Murais de Viladomar Rianxo 2019

13 Set

viladomar01
Por segundo ano consecutivo, a asociación Ondiñas Maiñas puxo en marcha a iniciativa Viladomar Rianxo – Máis alá dos muros. De que se trata? Pois de levar a arte preto das nosas casas. De converter os muros nun lenzo para que diferentes artistas nos acheguen historias, cores e beleza. O resultado é espectacular.

viladomar02

Como indican dende Ondiñas Mainas, detrás hai un tremendo esforzo e o apoio do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña “para conseguir que Rianxo marque o camiño tamén en Arte Urbana na zona do Barbanza”.

viladomar04

En Tanxil contamos cun mural feito por Batalla, un artista local. Segundo nos explicou, no lugar pescaban calamar ao chinchón, así que quixo representar iso. Ademais, no areal, en 1976 barou unha balea que despois sería a protagonista dun conto de Rafael Dieste titulado “De como veu a Rianxo unha balea”.

viladomar03

No Araño tamén contamos cun impresionante mural que adornará o centro social da parroquia. Ao igual que o resto de obras non están completadas, pero podedes ver que vai ser marabilloso. viladomar05

Na Casa da República de Isorna actuou a artista Doa. Representou unha pranta medicinal que está presente na xeografía galega. De novo, moita cor e unha idea que encaixa coa contorna. viladomar06viladomar07viladomar08viladomar09

Preto do auditorio temos esta enorme representación de Castelao. Recomendamos a todo o mundo que se achegue a admirar como queda. viladomar10viladomar11

Na Ribeira, xunto ao antigo bar Lúa, este muro de bloques loce dende esta semana con estas representacións. viladomar12

O mural máis céntrico está xunto ao pavillón polideportivo. De novo, moita cor e un gran coidado dos detalles para un muro de grandes dimensións. viladomar13viladomar14viladomar15

Por último, un dos piares da ponte que cruza cara á praia da Torre tamén conta dende xa coa súa representación artística. viladomar16viladomar17

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: