A Noitevella na que se volveu a saír en Rianxo

1 Xan

Cada fin de ano, cando a xente de Rianxo quería saír para desfrutar do paso da Noitevella ao Aninovo, realmente non se quedaba no Concello porque non había moitas opcións. Ou ben quedabas na casa, cun grupo de amigos ou ías tomar algo a algún dos poucos locais que abrían. Así que a maior parte dos rianxeiros (entre os que me inclúo), tiraban para o concello veciño de Boiro ou ben ata Pontecesures en busca de marcha.

finano2

Non obstante, este ano cambiou a cousa, xa que houbo alternativa moi interesantes que fixeron que tanto os mozos como os non tan mozos puidesen quedar na nosa localidade a pasar o fin de ano. Así, por exemplo, en Taragoña a asociación Antrospinos organizou unha festa na Casa Pachín, na que non faltaba de nada.

Pola súa banda, a Comisión de Juadalupeñas de Rianxo montou unha carpa na praza de Castelao na que houbo actuacións musicais. Así, podiase desfrutar da noite sen molleiras e sen frío. O certo é que podía haber dúbidas sobre se resultaría ou non, pero o certo é que foi un éxito. Eu estiven alí e podo dicir que a carpa estaba chea de xente. Como non, tardou en encherse, porque somos de saír tarde en Noitevella, pero alí había centos de rianxeiros.

Ademais, desta iniciativa beneficouse parte da hostalería de Rianxo, xa que moitos locais abriron as súas portas e houbo unha afluencia considerable. Así, vimos abertos, entre outros, o Gallaecia, o Castelao, o Pacho, a Casa do Vilar, o Memphis, o Furancho ou o Guguengheim. É dicir, que hai anos que non se vían tantos locais abertos en fin de ano e, sobre todo, con tanta xente que decidira quedar na súa vila.

Na carpa que puxeron as Juadalupeñas, comezaron tocando os noieses DelaCruz Show, que supoño que non terán queixa, porque este ano actuaron tamén nas festas de San Pedro de Vilas, no festival Antrospinos, na Guadalupe, no Roxerius e no Castelao. É dicir, que xa son como da casa 🙂

Nada máis entrar na zona da festa, as Juadalupeñas agasallaban cun gorro de Papá Noel e cunha copa de cava. Ademais, tamén regalaron bolsas con 12 gominolas, para repetir as badaladas de fin de ano. A hora prevista para este tema era as 3 da madrugada, pero finalmente atrasouse ata as 3.30 horas. Incluso DJ Peri e Xacobo DJ puxeron carrillón e cuartos para que a xente estivese preparada. E realmente foi divertido ver como facía a xente para tragar 12 gominolas no canto de 12 uvas, que pode parecer doado, pero asegúrovos que non o é.

finano1

Para rematar, só dicir que me pareceu unha iniciativa estupenda, que é de agradecer que haxa este tipo de eventos, que os rianxeiros nos poidamos quedar no noso Concello saíndo e que oxalá continúe para o ano que vén.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: