Comezan as festas de Asados. O venres 11, o sábado 12 e o domingo 13 os rianxeiros temos unha cita para desfrutar e pasalo ben na parroquia de Asados coa súa gran verbena e actividades. En palabras da Comisión de Festas, a programación “segue a liña marcada do ano pasado, actividades para todas idades e non só verbena pois temos que desfrutar durante o día e a noite!
As 22.30 horas de hoxe a música soará de man de dúas grandes orquestras, Costa Oeste e Xacobeo. Se alguén queda con ganas de máis festa, DJ Peri porá o punto final á noite.
O sábado, ademais, celebrarase a II edición da feira Asados, onde contarán con Río de Anxo na sesión vermú, con pasarrúas e pechando o día con outro concerto. Estará ademais Abeloura Grupo cons bailes tradicionais e os gaiteiros e pandereiteras de Xiada Pobra do Caramiñal. Hai ademais un xantar popular e se de aquí a mañá te animas a montar un posto gratis, só tes que escribir a a.festasdeasados@gmail.com
A verbena da noite estará amenizada por Dilema e Montreal, quedando aínda despois unha sesión disco pinchada por Juancho.
E despois do venres na honra de San Roque e do sábado na honra da Virxe do Carme, o domingo a festividade será na honra de Santa Ana. Ás 13.00 horas haberá misa cantada na igrexa e media hora despois a banda de música de Rianxo dará un concerto no Cruceiro. Pola tarde non haberá tempo para a sesta, xa que terá lugar Asadoslandia no pavillón da escola. Comeza ás 17.00h e ás 19.00h terá lugar a festa da escuma.
E para acabar os tres días con bo sabor de boca e máis música, na praza da Atalaia celebrarase o Asados Folk, con A Requinta de Xián e Río Anxo.
Deixar unha resposta