Esta fin de semana, celébrase nos montes de Leiro o I Trial Concello de Rianxo, que ademais é puntuable para o Campionado Galego de Trial. O evento está organizado polo Club Motociclista Teo, en colaboración co Concello de Rianxo e a Federación Galega de Motociclismo, e contando co patrocinio de Sabadell Gallego, como puidemos ler na web do Concello.
Así, a proba comeza o sábado 20 de setembro ás 16.00 horas coa proba infantil. Os nenos de entre 6 e 13 anos enfrontaranse a cinco zonas. Pola súa banda, os adultos terán o seu turno o domingo 21 dende as 10 h da mañá. A proba contará con 40 pilotos, algúns deles asturianos e castelán-leoneses.
Este evento será a sétima proba das nove que o compoñen o Campionato Galego.
Programa:
Sábado, 20 de setembro, 16 a 18:30 h.: Proba infantil
Domingo, 21 de setembro, de 10 a 15:30 h.: Proba Absoluta.
Deixar unha resposta