Velaquí as fotos do luns das Juadalupeñas.
Arriba de todo vemos xa á Comisión de Juadalupeñas traballando duramente na organización das probas. Así que, un ano máis, felicitalos. E abaixo podemos ver ao presidente, Xián.
As probas das Juadalupeñas comezaron cunha carreira do máis animada. Tres equipos enfrontándose para ver cal deles tiña a mellor coordinación. E a cousa non foi sinxela…
Por certo, aquí vemos a Ángela tomándose un café antes de comezar a pintar ás ducias de Juadalupeiros desexosos de pasalo ben.
Como dicía arriba, iso da coordinación á hora de andar estaba complicado. E máis a esas horas da mañá…
Outra das probas era unha xincana que constaba de tres partes: levar un ovo nunha culler, andar sobre zancos e carreira de sacos.
Para min é a proba das probas. Onde se dan cita os Fernando Alonso e os Vettel rianxeiros: a carreira de contedores.
Houbo algún que outro accidente. Por sorte, non tivo que saír o safety car:
Ademais, como todos os anos, o máis complicado é o relevo de integrantes que teñen que ir dentro do contedor. Pero calquera postura é válida, por inverosímil que semelle.
Cantos rianxeiros fornidos credes que collen dentro dun contedor? Este ano tivemos a resposta: cinco! Superarase o récord o ano que vén?
As probas da mañá remataron probando a forza das juadalupeñas. Era un todos contra todos, para ver se gañaban os dun lado ou os doutro.
Como vedes, na corda xa non collía máis xente 🙂
Despois deuse paso á sesión vermú, a cargo un ano máis da orquestra Abanico.
Que non se diga que os mozos de Rianxo son xente san. Mirade senón este rapaz tomando leite para coller folgos:
Que por certo, José Manuel nunha entrevista xa nos adiantara que habería sorpresas. E vaia se as houbo. Primeiro unha actuación con Moncho Campaña. E despois o que foi a noticia do día, a versión de Perfecto o do Furancho do tema de Enrique Iglesias “Bailando”. Só que titulado “Servando”.
Unha resposta a “Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2014: o día das Juadalupeñas”