O Ministerio de Fomento, dentro do seu Plan Estratégico de Subvenciones 2014-2017, acaba de aprobar en unha subvención que se comezaría a executar nos Orzamentos estateis de 2017 pola cal se van ampliar os areais Rianxo.
Este plan supón a segunda fase da polémica que no seu día se realizou en Tanxil. Nesta ocasión, a idea é unir practicamente a praia do Porrón coa de Tanxil. Na imaxe de arriba podedes ver unha simulación de como quedaría a costa rianxeira. A praia de Tronco, como vedes, quedaría totalmente “comida” por este novo mega areal.
De feito, o “novo Tanxil” tería practicamente un quilómetro máis de lonxitude, o cal sería duplicar o tamaño e conectar co Porrón e con Cunchas.
Dende a Corporación Municipal indicaron que van realizar un pleno con todos os grupos para tratar esta cuestión, xa que “non consideran prioritaria unha actuación deste tipo, tendo en conta o rexeitamento que provocou no seu día a ampliación de Tanxil. Ao tempo, consideramos que os 8 millóns de euros calculados nesta actuación se poderían investir en cuestións moito máis positivas para dinamizar o Concello de Rianxo”.
ACTUALIZACIÓN: para que ninguén teña dúbidas, o Ministerio de Fomento acaba de confirmar que isto era unha inocentada 😉
Deixar unha resposta