> Plan de Ordenación do Litoral de Galicia: O Burato do río Te
Piñeiros cortadas xunto á praia de Cunchas
2 AbrEsta fin de semana dei unha pequena volta pola praia de Cunchas e vin que un dos seus maiores atractivos, o pequeno bosque de piñeiros que está ao seu comezo, sufriu a tala de varias árbores. Polo que vin, algunhas árbores estaban arrincadas de raíz, polo que igual puideron caer por unha tormenta. Pero outras foron cortadas directamente, non sei se porque presentaban algún risco ou non. Algún de vós sabe que pasou?
ACTUALIZACIÓN: puxémonos en contacto por correo coa Alcaldía e indicáronnos que a finca na que se cortaron os piñeiros é particular e que o dono obtivo un permiso da Xunta para facer a tela. Por outra banda, é certo que “un tornado levantou varios” piñeiros, pero aproveitando iso procedeuse á “curta doutros”. Dende a Alcaldía tamén comparten connosco en que é unah mágoa que pasara isto, xa que se “estragou unha fermosa paisaxe” que cada ano atrae a moitos rianxeiros e turistas.
Os lombos do Ulla
1 NovÉ unha das zonas máis ricas en berberechos da ría de Arousa. Alí van tanto mariscadores a pé como outros nas súas barquiñas cando se abre a veda.
A praia de Tanxil
2 XulChega o verán e moitos queren ir á praia de Tanxil, o areal por excelencia do noso concello.
A praia de Tanxil
17 MarParece que o bo tempo vai animando á xente á ir á praia. Esta fin de semana a praia de Tanxil, en Rianxo, xa foi collendo vida.