Tag Archives: As Cunchas

Petróglifos Os Mouchos

5 Xul

Hoxe vou colgar distintas fotos dos petróglifos dos Mouchos, que se atopan en Leiro, pretiño da praia das Cunchas.

Iso si, de novo dende este blog imos darlle un tirón de orellas ao Concello porque a sinalización para dar con este petróglifos é simplemente PÉSIMA. Só hai un cartel na estrada xeral que une Rianxo con Catoira, pasando por Leiro e Isorna. Despois, alá atopes os petróglifos, como acontece con outro tipo de restos deste tipo. Vamos, que atopas un veciño do lugar que coñeza ben o sitio ou ben te podes convertir en Indiana Jones na busca do petróglifo perdido.

Mirade que corredoira hai que coller para dar con eles:

E se tes sorte e das con esta corredoira, despois tes que esquivar ou sufrir toxos e alá arriba atoparás os petróglifos.

Arroás morto

31 Mai

A pasada fin de semana, xusto o domingo, un día no que os areais se encheron de xente querendo desfrutar do bo tempo e do que se presumía un adianto do verán, na praia das Cunchas había un arroás morto. Non sei o tempo que levaba alí nin se se ía analizar, pero boa imaxe non daba.

A praia do Porrón

13 Mai

Aínda que é moito máis coñecida e bonita a praia que ten ao seu carón, a das Cunchas, trátase dunha praia bastante descoñecida para moita xente. É un areal inmenso, no que nunca fai faltar espazo para poñer a toalla e que está nun lugar resgardado se se teñen nenos.