Hoxe vou colgar distintas fotos dos petróglifos dos Mouchos, que se atopan en Leiro, pretiño da praia das Cunchas.




Iso si, de novo dende este blog imos darlle un tirón de orellas ao Concello porque a sinalización para dar con este petróglifos é simplemente PÉSIMA. Só hai un cartel na estrada xeral que une Rianxo con Catoira, pasando por Leiro e Isorna. Despois, alá atopes os petróglifos, como acontece con outro tipo de restos deste tipo. Vamos, que atopas un veciño do lugar que coñeza ben o sitio ou ben te podes convertir en Indiana Jones na busca do petróglifo perdido.
Mirade que corredoira hai que coller para dar con eles:

E se tes sorte e das con esta corredoira, despois tes que esquivar ou sufrir toxos e alá arriba atoparás os petróglifos.

Etiquetas: As Cunchas, fotos de Rianxo, Leiro, os mouchos, petróglifo, petroglifos, Rianxo