O pasado mes de setembro tiven a grandísima sorte de compartir unha tarde cun dos maiores e mellores coñecedores do patrimonio arqueolóxico de Rianxo, Juan Carlos Collazo e cunha das mentes máis inquietas do Concello, Rabunho Rexeita (ou Tito).
Comezamos no Monte da Pena. No centro da imaxe, esa zona pronunciada e chega de vexetación, esconde unha mámoa, como moitas outras que hai na zona.
De seguro que xa coñeces Rabunho Rexeita, unha páxina no facebook na que hai un feixe de fotos antigas do Araño e de Rianxo, onde te podes enterar de historias, curiosidades, información sobre o patrimonio rianxeiro, vídeos antigos… Vamos, que día a día é unha páxina de referencia para coñecer e redescubrir todo o que está ao noso arredor. Pero como somos curiosos, tamén nos preguntamos quen está detrás de Rabuno Rexeita, quen é esa persoa que cada día alimenta as nosas mentes con novas e interesantes cousas sobre Rianxo e O Araño. Hoxe imos descubrilo neste blog a través de fotos e dunha entrevista.
Nel conta unha interesante historia sobre da fermosa canción “FONTE DO ARAÑO”, o primeiro disco do artista Emilio Cao, o cal, segundo conta a Rianxo nas súas estadías vacacionais, e é que cada día que pasa decatámonos do moitísimo que nos queda por aprender tanto da parroquia do Araño como do concello en xeral.
Esta é a tanscrición literal do blog de Xoan Piñón, un dos músicos daquel disco e que recolle no seu facebook tamén Rabunho Rexeita e que fala de como foi o disco realizado en 1977: “A maqueta do disco de Emilio Cao “Fonte do Araño” xestouse en Foz (Lugo) entre Emilio Cao (voz, arpa e cítola), Bernardo Martínez (frauta) e mais eu (guitarra eléctrica), cun magnetofón Grundig TK847. Empregámonos a fondo durante días para conseguir as dez pezas que a compañía discográfica Novola escoitaría e posteriormente aceptaría para gravar en vinilo.
Previo ensaio en Mondariz (Pontevedra) con Xosé V. Ferreirós (gaita e percusión) do grupo Faiscas do Xiabre e Antón Seoane (zanfona e xilófono) que facía dúo neste tempo con Rodrigo Romaní, desprazámonos a Madrid e os días 18, 19 e 20 de abril do 77 nos estudos Audiofilm, quedaría rexistrado o disco. O destino e a intuición de Emilio quixeron xuntar unha liña que procedía do pop-rock e a música improvisada (Bernardo e Xoan), con outra mais perto da música tradicional (Ferreirós e Seoane) facendo unha fusión que resultou anovadora, enchendo o baleiro que existía, e tamén unha necesidade que tiñamos todos de facer algo distinto na música galega. A intervención de Nonito Pereira (produtor) sería fundamental neste feito.
As pezas populares “Pandeirada de Nebra”, “Arrieiros de Moraña” e o “Romance de Bernardiño e Sabeliña” serían aportadas, adaptadas e arranxadas por Bernardo Martínez; Emilio tiña compostos temas propios como “Fonte do Araño”, “Na noite de San Xoan”, “Chegando ao Caurel”, “No campo da festa”, “Mentras ela fía” e “Baixaron as Fadiñas”. Eu traballei particularmente na harmonización e nas voces desta última peza e nas adaptacións das outras. Para rematar, o tema psicoatlántico “E as gaivotas sobor de nós” foi o resultado dunha improvisación entre os tres de Foz.
En xeral, todos participabamos nos arranxos e discutiamos o máis axeitado para cada tema, dado que traballabamos con xenerosidade e sen límite de tempo. Respecto ás adaptacións aos instrumentos, cadaquén facía os seus. A conxunción que se produce en Fonte do Araño sería o inicio nos vindeiros anos de grupos como Milladoiro, DOA e marcaría o futuro de Emilio Cao como autor”.
Como indica Rabunho Rexeita, “Emilio Cao dende ben pequeno veraneaba en Rianxo, e sempre oía falar das nosas fermosas fontes, e polo que o seu primeiro disco que compuxo leva este nome “FONTE DO ARAÑO”, onde o instrumento mais importante utilizado neste disco é a arpa”.
Como de seguro queredes oír esta canción, aquí a tedes:
Aquí podemos ver tamén, unha imaxe de cando se realizou a gravación do disco Fonte do Araño de Emilio Caso no estudo de gravación Audiofilm (Madrid). Á esquerda a aparece o propio Xoan Piñón e ao seu lado Emilio Cao, Xosé V. Ferreirós, Bernardo Martínez e Antón Seoane. (Fonte)
Parabéns a este novo amigo ó cal xa seguimos asiduamente, moitísimas grazas por agasallarnos con anaquiños desa túa-nosa parroquia.