Fonte do Araño

7 Mar

Hoxe ímonos facer eco do post feito por un compañeiro das redes sociais: Rabunho Rexeita.

Nel conta unha interesante historia sobre da fermosa canción “FONTE DO ARAÑO”, o primeiro disco do artista Emilio Cao, o cal, segundo conta a Rianxo nas súas estadías vacacionais, e é que cada día que pasa decatámonos do moitísimo que nos queda por aprender tanto da parroquia do Araño como do concello en xeral.

Esta é a tanscrición literal do blog de Xoan Piñón, un dos músicos daquel disco e que recolle no seu facebook tamén Rabunho Rexeita e que fala de como foi o disco realizado en 1977: “A maqueta do disco de Emilio Cao “Fonte do Araño” xestouse en Foz (Lugo) entre Emilio Cao (voz, arpa e cítola), Bernardo Martínez (frauta) e mais eu (guitarra eléctrica), cun magnetofón Grundig TK847. Empregámonos a fondo durante días para conseguir as dez pezas que a compañía discográfica Novola escoitaría e posteriormente aceptaría para gravar en vinilo.

Previo ensaio en Mondariz (Pontevedra) con Xosé V. Ferreirós (gaita e percusión) do grupo Faiscas do Xiabre e Antón Seoane (zanfona e xilófono) que facía dúo neste tempo con Rodrigo Romaní, desprazámonos a Madrid e os días 18, 19 e 20 de abril do 77 nos estudos Audiofilm, quedaría rexistrado o disco. O destino e a intuición de Emilio quixeron xuntar unha liña que procedía do pop-rock e a música improvisada (Bernardo e Xoan), con outra mais perto da música tradicional (Ferreirós e Seoane) facendo unha fusión que resultou anovadora, enchendo o baleiro que existía, e tamén unha necesidade que tiñamos todos de facer algo distinto na música galega. A intervención de Nonito Pereira (produtor) sería fundamental neste feito.

As pezas populares “Pandeirada de Nebra”, “Arrieiros de Moraña” e o “Romance de Bernardiño e Sabeliña” serían aportadas, adaptadas e arranxadas por Bernardo Martínez; Emilio tiña compostos temas propios como “Fonte do Araño”, “Na noite de San Xoan”, “Chegando ao Caurel”, “No campo da festa”, “Mentras ela fía” e “Baixaron as Fadiñas”. Eu traballei particularmente na harmonización e nas voces desta última peza e nas adaptacións das outras. Para rematar, o tema psicoatlántico “E as gaivotas sobor de nós” foi o resultado dunha improvisación entre os tres de Foz.

En xeral, todos participabamos nos arranxos e discutiamos o máis axeitado para cada tema, dado que traballabamos con xenerosidade e sen límite de tempo. Respecto ás adaptacións aos instrumentos, cadaquén facía os seus. A conxunción que se produce en Fonte do Araño sería o inicio nos vindeiros anos de grupos como Milladoiro, DOA e marcaría o futuro de Emilio Cao como autor”.

Como indica Rabunho Rexeita, “Emilio Cao dende ben pequeno veraneaba en Rianxo, e sempre oía falar das nosas fermosas fontes, e polo que o seu primeiro disco que compuxo leva este nome “FONTE DO ARAÑO”, onde o instrumento mais importante utilizado neste disco é a arpa”.

Como de seguro queredes oír esta canción, aquí a tedes:

Aquí podemos ver tamén, unha imaxe de cando se realizou a gravación do disco Fonte do Araño de Emilio Caso no estudo de gravación Audiofilm (Madrid). Á esquerda a aparece o propio Xoan Piñón e ao seu lado Emilio Cao, Xosé V. Ferreirós, Bernardo Martínez e Antón Seoane. (Fonte)

Fonte do Araño
Parabéns a este novo amigo ó cal xa seguimos asiduamente, moitísimas grazas por agasallarnos con anaquiños desa túa-nosa parroquia.

Advertisement

Unha resposta a “Fonte do Araño”

  1. Milay 02/19/2016 ás 15:34 #

    Volvin a escoitar este cantar despois de moitos anos e volví sentir a mistura de sensacions daqueles tempos de xuventude na Quintana, onde as veces te oin o volver a miña casa. E como un sono nostalxico. Grazas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: