Piñeiros cortadas xunto á praia de Cunchas

2 Abr

Esta fin de semana dei unha pequena volta pola praia de Cunchas e vin que un dos seus maiores atractivos, o pequeno bosque de piñeiros que está ao seu comezo, sufriu a tala de varias árbores. Polo que vin, algunhas árbores estaban arrincadas de raíz, polo que igual puideron caer por unha tormenta. Pero outras foron cortadas directamente, non sei se porque presentaban algún risco ou non. Algún de vós sabe que pasou?

ACTUALIZACIÓN: puxémonos en contacto por correo coa Alcaldía e indicáronnos que a finca na que se cortaron os piñeiros é particular e que o dono obtivo un permiso da Xunta para facer a tela. Por outra banda, é certo que “un tornado levantou varios” piñeiros, pero aproveitando iso procedeuse á “curta doutros”. Dende a Alcaldía tamén comparten connosco en que é unah mágoa que pasara isto, xa que se “estragou unha fermosa paisaxe” que cada ano atrae a moitos rianxeiros e turistas.

cunchas1

cunchas2

Advertisements

3 Respostas to “Piñeiros cortadas xunto á praia de Cunchas”

  1. Eu penso 04/02/2013 ás 15:29 #

    Sejuro k pa faser un chalesito ou un edifisio de 3 ou 4 pisitos sejuroto ke o al calde podra informarnos mellor

    • 6ferrados 04/03/2013 ás 13:05 #

      Boa pinta non ten, seguro que a paisaxe non é agora tan fermosa coma antes.
      Pero daí a que se vaia a facer un “chalesito” haiche un treito ben grande…

  2. Axóuxere Editora 04/25/2013 ás 17:42 #

    Aquí, en Brión, os de Axóuxere casualmente pasamos unha mañá chuviosa e con brétema por aquel espazo, para llo amosar a uns amigos que viñan de fóra. Cando chegamos atopámonos cun grupo de dúas persoas que estaban coas mans “na masa”. Enardecidos fomos a enfrontarnos con eles; dixémoslle que iso que estaban facendo era ilegal, que estaba protexido por costas e lexislación medioambiental. Os tipos resulta que -mandados por outros- foran enviados un Sábado pola mañá, seica que nun momento en que non había vixilancia, e chegaron moi cedo. Cando nós estabamos alí apenas quedaban dous piñeiros dos grandes. Inmediatamente chamamos á Policía Local, e a Seprona. Sorprendidos, nós, de Axóuxere, e os amigos de fóra (“estraño, cómo non lexislades en galicia ese tipo de espazos medioambientais como ben común patrimonial”, nos dicían), vimos chegar á policía, a que non puido facer nada. Por dúas razóns: (1) porque tiñan papeis que permitían cortar “material potencialmente perigoso”, e (2) porque xa tiñan cortado todo. Como lle dicía a un de nós un dos policías, “é que o problema está en que -con ese permiso- cortan o que lles peta, e despois ¿como demostras ti que ese material que cortaron non era potencialmente perigoso?”. En fin, sempre na trampa. E ese é un dos grandes males que parece que aínda arrastramos @s galeg@s. Por outra banda é importante dicir que un de nós corre todas as mañás habitualmente por esa praia, e veu o material “potencialmente perigoso” cos seus propios ollos. E eran só DOUS PIÑEIROS. Pero finalmente os mentecatos eses levaron vinteoito piñeiro… VINTEOITE… manda carallo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: