Grazas ao magnífico traballo de Suso Santos Rodríguez e de Miguel Somoza Rodríguez, que comezaron escaeando e recompilando fotos antigas, hoxe podemos ter imaxes para a lembranza coma esta. Como vedes, a praia de Tanxil pouco se parece a de hoxe en día e mesmo se pode apreciar o dique que hoxe en día está cuberto de area.
Velaquí outra perspectiva, na que se ve o dique de Baltar:
Velaquí outra imaxe de cando no dique de Baltar había auga e non area, como hoxe en día. Ademais, daquela a familia Baltar aínda non retirara a estatua da Guadalupe do escultor Asorey no ano 2005:

Fonte: http://noyaymuros.com/
Velaquí outra imaxe antiga, de cando había pedaletas que podías alugar por unha ou dúas horas e pasar a tarde 🙂

Fonte: http://www.inmobarbanza.com/
Por certo, noutro momento falaremos do traballo de Suso Santos e de Miguel Somoza, xunto a outros veciños de Asados. Pero a súa labor podedes vela no facebook.
Moito mellor antes, cantos recordos me traen estas fotos…os paseos coa miña avoa, tirarnos todolos amigos do muelle, as filijranas k tiñamos k fecer pa chegar a praia pekena…e agora unha praia feita pos d fora
Máis bonita antes. Máis práctica agora.
Que antes como subira a marea non se podían estirar as toallas.
para min e penso que pra moita xente de rianxo era moito mellor antes, coseu muelle eo seu dique de abrigo doque tantas veces nos tiramos algun de nos,era moito mais divertido,e ias pasando as distintas etapas, de onda mamá o muelle,deste a praia pequena ca pandilla e de ali pro dique cos mellores amigos/as ou ca parella, agora temos torremolinos en definitiva praia para os de fora, e algun dia atapuerca,desenterrando o que algun se lle dou por enterrar hoxe, en vez de conservar o noso patrimonio antigo solucionamolo con escondelo como fan as avestrucesca cabeza, o que tanto lle costou facer os nosos antergos desfacemolo nos nun vira vira cunhas escavadoras e unhas cantas toneladas de area que por riba lastima e mancha e o que hai neste pobo. porque algun teña unha idea descalabrada temos que ir todos como borregos o matadoiro, pois parece que si
ti non sabes ben o que falas porque ahora hay playa para todos os rianxeiros e mais para os de fora que antes cando estaba o mar cheo tiñas que subir para has leiras por personas como ti asi estamos en rianxo somos obagon da cola da ria da arousa
Pois sinceramente penso que o “muelle” como todos lle chamábamos xa non existe, que o levou a escavadora por diante e a saber onde foron acabar as pedras. Deixo un par de fotos daquela época na que fixeron a desfeita de Tanxil, a ver se apreciades coma min que o “muelle” xa non está baixo a area. Habería que ir escarvar un pouco a ver se se está ou non.
Volvín unha soa vez e nunca máis!! Cantos cartiños estragados!!! e agora non hai nin para reparar a ponte peonil de Té.
Eu creo que o dique está un pouco máis fondo. Non moito máis, porque é certo que as fotos que pos amosan a praia cando aínda faltaba moita area por encher, pero creo que está máis abaixo. Cando subía a marea quedaba moi pouco ao descuberto, así que realmente creo que segue aí.
para mi . Muchisimo mejor antes, Era mas recogida, El muelle, la playa pequeña y el dique, que parecia que era mas de los jovenes rianxeiros y la playa de tanxil del veraneante, Muchos recuerdos,