Buscando imaxes sobre o praia de Tanxil en Google, atopeime con imaxes do pazo de Baltar e, oh sorpresa, descubrín que está á venda. Realmente debe levar bastante á venda, pero eu descoñecía este feito, xa que pensaba que seguía pertencendo á familia Baltar e que pasaban algún que outro día do verán por alí. Pero está visto que non. O que non sei é que pasaría entón coa estatua da Guadalupe feita por Asorey no caso de que se venda a propiedade. Venderase tamén como parte da finca ou a familia Baltar xa se queda con ela para sempre? A min dáme que en Rianxo nunca máis a imos ver de novo 😦
Non sei dende cando está á venda o pazo de Baltar, pero está claro que mínimo un ano ou dous. Facendo buscas pola Rede, vexo que nun portal inmobiliario de Madrid se valorou a propiedade en 6 millóns de euros. Noutros portais pode verse que estivo por 4,7 millóns de euros. E agora mesmo, pode verse en Idealista.com por 4,5 millóns de euros, polo que a rebaixa foi considerable e seguramente consecuencia de que ninguén fixera ningunha oferta ata a data.
Se tedes cartos, xa sabedes 🙂 Levades, segundo o anunciante, un edificio con 12 estancias e tres baños. Comentan tamén que o edificio foi construído en 1908 “en una espléndida finca amurallada de 25.000m2, diseñada por el arquitecto modernista Rodríguez Losada para residencia de verano. La propiedad está situada en privilegiada posición sobre el mar,disfrutando de magnificas vistas de la ría de Arousa. Dispone de acceso directo a la playa de tanxil y a embarcadero con dique [pero sen auga]. La edificación principal consta de unos 750m2, completada por construcciones auxiliares de aproximadamente 200m2, en las que se ubican hórreo, alpendres y garajes. Así,la casa principal,consta de 3 plantas y torre-mirador. Dispone de 15 estancias entre dormitorios, salones, dos cocinas y 3 cuartos de baño, además de dos amplias galerías acristaladas, una de comunicación con las viviendas auxiliares y otra de estar con vistas al mar. Por haber permanecido deshabitada la última década, es necesaria una profunda rehabilitación de lo construido. El jardín,muy cuidado, se encuentra profusamente arbolado,d estacando sus centenarios setos de boj, así como castaños y robles, conformando paseos y diseños geométricos entre frutales y una importante masa de árboles. De los 25.000m2, 6.000m2 tienen aprovechamiento urbanístico [vamos, que a lei de Costas non vai poñer impedimento para levar outros chalés ou edificios]. Es ideal como casa de verano pero también como hotel rural, museo o geriátrico. Se trata de una herencia y el precio es negociable”.
O das posibilidades como xeriátrico a verdade é que me desconcertou bastante. Iso si, como vedes, o prezo pode baixar.
Velaquí vos deixo unhas fotos sacadas de Idealista.com,
Grazas, tiña curiosidade por saber do pazo este e agora xa sei algo máis. Vese que os herdeiros non teñen moito interese por vivir ou veranear alí e prefiren convertilo en cartos. De todolos xeitos xa pasaron varios anos e onte que pasei por alí non ten pinta de terse vendido ainda. Penso que podería ter futuro como hotel-restaurante para bodas e eventos, ten boas condicións para iso.