O grupo Os Chapís cantan ao paraíso de Rianxo

12 Mar

Grazas a José Luís Dopico Orjais e á Aula de Cultura Musical da Galiza (Uned Senior Rianxo) podemos desfrutar de documentos únicos coma este. Nel aprezamos ao grupo Os Chapís (encabezados por Manuel e Humberto Vicente) cantándolle a Rianxo.

Trátase dunha parte do programa “Desde Galicia para el Mundo”, de TVE en Galicia, dos anos 90. Transcribimos a letra:

O paraíso existe na vila rianxeira.
As praias que nos bañan dando ledicia enteira.
Quenxo, Tanxil, A Torre, As Cunchas e o Porrón,
fan volver ós turistas, cheíños de ilusión.

Ponte morena en Rianxo, moreniña ponte ó sol,
que a ría de Rianxo, baña as praias de amor.
Ponte morena en Rianxo, moreniña ponte ó sol,
que a ría de Rianxo, baña as praias de amor.

As brisas da nosa ría, fan ós turistas soñar,
que están no gran paraíso do ceo anxelical.
(parte que non entendemos)

Moreniña pola brisa, sacadiña polo mar,
soñadores das traíñas, todo o ano estarás,
agardando polo vran, para vires a gozar,
desta vila agarimosa, felices te sentirán.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: