Se algunha vez visitades A Coruña, lembrade pasarvos polo castelo-museo de Santo Antón. Alí tedes exposto o chamado Casco de Ouro de Leiro, que en abril de 1976 atopou José María Vicente. Ademais, os sábados a entrada é gratis, polo que non tedes excusa 😉
Na vitrina na que está exposto, incídase claramente que foi atopado no Curruncho dos Porcos, en Leiro e que se trata “dunha peza excepcional na ourivería de Galicia, achada casualmente no interior dun vaso cerámico. Interpretada como un casco ou unha cunca, probablemente sexa de orixe centroeuropea. Está realizada en ouro e presenta forma hemisférica cun apéndice troncocónicona parte superior e decoración en fiada con motivos xeométricos”. Está datado entre os século X a IV antes de Cristo.
Precisamente podemos aprezar no vídeo os danos producidos na peza tras darlle de forma accidental cunha aixada.
Deixar unha resposta