Tag Archives: cifras

Datos do blog no 2014

1 Xan

Como cada ano, a xente de WordPress, a plataforma na que temos o noso blog, fixo un pequeno resumo dos datos da nosa páxina durante o 2014, que podes consultar de forma completa facendo clic aquí.

Facendo un breve resumo, dicirvos que se xa no 2013 estabamos moi contentos coas visitas, este ano a cousa foi aínda mellor e chegamos á incrible cifra de máis de 100.000 visitas en todo o ano. En concreto, 100.828 visitas como podedes ver na seguinte táboa. Só no mes de setembro, con todo o relacionado coa Guadalupe, acadamos preto de 18.000 visitas.

cifras2014

 

Tivemos visitantes virtuais de 88 países do mundo, algúns de seguro que entraron por despiste, porque entrou xente de Bangladesh, Zimbabwe ou Mozambique. Aínda que rianxeiros xa sabemos que hai por todo o mundo 😉

Iso si, os EEUU foron con 1.960 visitas o país estranxeiro que máis nos seguíu. A continuación o Reino Unido, con 1.588 visitas e despois A Arxentina, con 637 ou Suíza con 603.

Publicamos 193 artigos en todo o 2014. En canto aos temas que máis interese espertaron, este foi o top 5:

1. Fotos e crónica da II Marcha BTT de Rianxo (2.029 visitas)
2. Fotos das festas da Guadalupe 2014: o chupitaso (1.736 visitas)
3. Malestar en Asados por un cartel (1.623 visitas)
4. Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2014: o feirón mariñeiro (1.615 visitas)
5. O pobo de Rianxo cantando no feirón mariñeiro (1.504 visitas)

Neste 2015 sabemos que será complicado chegar outra vez a esas 100.000 visitas, pero intentaremos sorprendervos con novos temas, curiosidades, cousas divertidas, cultura e imaxes do noso Concello.

Datos de fotosderianxo.com no 2013

1 Xan

Como dá comezo o 2014, queremos compartir con vós as cifras do blog durante o ano pasado. Realmente o que nos motiva a traballar e a sacar noticias e cousas interesantes é saber que hai moita xente detrás que nos segue, que nos le e que difunde o que facemos, aí que queremos compartir con vós o informe que nos manda WordPress do 2013.

datos2013Pero tamén queremos nós debullarvos as cifras, para que non teñades que andar traducindo do inglés 😉 Comezamos!

Seguir lendo