Trátase do maior festival de música que se celebra no Barbanza e celébrase grazas ao traballo e ao mérito duns mozos de Rianxo. Cada ano medra un chisco máis e tráenos a Taragoña grupos de todo o mundo. Así que nos toca a todos apoialos e ir os días 26 e 27 de xullo a Campo Maneiro. Velaquí as novidades deste ano.
A música non vai faltar, xa que doce grupos e dous DJ´S farán do 6º Festival Antrospinos un sitio para bailar e troulear da noite ata a mañá. O abono dos dous días está a dez euros en venda anticipada sen comisión algunha en codetickets.com e no Roxerius (Rianxo), no Catro Camiños (Taragoña), no Xuntanza (Taragoña), na Pousada (Boiro) e na Cabaña (Bembrive). Ata o venres 26 pola mañá. O día solto estará a 10 euros.
Pero non espabilas e mercas a entrada na billeteira o mesmo día do festival, o abono custará 13€ e o día solto 9€.
No festival haberá zona de acampada con ducha, postos de artesanía e tamén actividades de balde e un xantar popular. Pero o destacado é a música, que comezará o venres 26 de xullo ás 22.00 horas no Escenario Antrospinos con Itaka Band, Sacha na Horta, La Gran Orquestra Republicana, Figli di Madre Ignota e Bigote Mix.
O sábado ás 13.30 horas terá lugar o xantar popular na parte baixa de Campo Maneiro, onde estará situado o Escenario Carballo, no que actuará De la Cruz Show e os OITO NUN PISO. E despois, un dos grandes momentos do festival: a Matraquillada, a partir das 16.00 horas. Á volta da mesma actuarán no Escenario Carballo Canijos sin Fronteras.
De volta ao Escenario Antrospinos, ás 21.00 horas, o público poderá desfrutar de A Compañía do Ruído, La Troba Kung-Fu, Familia Caamagno, Chotokoeu, A Banda de Andrelo e Hadri H. Máis información sobre os grupos que actúan.
Para que continúe a ser un festival de referencia, só fai falla que vaia moita xente. Así que dende aquí tamén os apoiamos e esperamos ir por alí a desfrutar da música!
Deixar unha resposta