Botamos a vista uns anos atrás para lembrar como era a antiga praia de Tanxil. Unha das estampas máis coñecidas era a de arriba, o dique de Baltar, rodeado de auga, con barquiñas e a Moreniña de Asorey vixiando dende o alto.
Fotos de César González (aínda que nolas pasara Manolo Franco).
As fotos son dos anos 2000. Mesmo podemos ver algunha grúa, cando un dos motores económico do país era a construción.
O pequeno areal entre Tanxil e Quenxo, co marea alta, rodeado polo dique de Baltar e por outro peirao, quedaba reducido á súa mínima expresión.
Arriba, tamén desfrutando da súa privilexiada posición sobre a ría de Arousa, o pazo de Baltar. Aí o tedes, 104 anos e o tempo non pasaría por el se non fora porque está abandonado.
A praia de Quenxo, tamén ficaba desaparecida coa marea alta. Un só se podía achegar ata o mar dende as escaleiras de pedra.
A Moreniña sempre estará asociada a Tanxil e a Rianxo.
Hai que lembrar que aínda que non está dende o 2005, moitos veciños teñen esta imaxe aínda gravada na súa mente.
Deixar unha resposta