Do 30 de xuño ao 5 de xullo tes a ocasión de poder desfrutar dun paseo pola ría de Arousa a través do Joaquín Vieta, o veleiro máis antigo de Galicia. A travesía é gratuíta e forma parte dunha acción da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte.
En concreto, dende o noso concello haberá saídas neste histórico barco tres veces ao día: unha pola mañá (12.00 horas) e dúas pola tarde (15.00 e 18.00 horas). O veleiro realizará unha ruta náutica pola nosa ría para dar a “coñecer o patrimonio vinculado ao mar”. A duración da ruta é de 2 horas máximo.
Para apuntarse hai que ir ata a oficina de Turismo de Rianxo. Máis información a través da Mancomunidade no 981 845 236.
Deixar unha resposta