
O bou de vara é un arte de pesca artesenal que só está autorizada da ría de Arousa. Pois ben, nós tivemos ocasión de acompañar aos mariñeiros de Rianxo que practican esta arte agora que se permite coller volandeira.
Antes de nada, queremos agradecer a experiencia a conservas Bou de Vara, que precisamente toman o seu nome desta arte de pesca e que venden produto de Rianxo.

Como se pode ver na imaxe de arriba, extraída do libro Artes e aparellos de pesca de Galicia, de Miguel Fariña Castro, esta técnica consiste nunha rede remolcada por unha pequena embarcación. A rede está aberta sempre grazas a unha enorme “vara” de metal. Despois, podemos ver como o aparello queda suxeito por boias. O fondo
Na seguinte foto, podemos apreciar o bou de vara, que ademais de para coller volandeiras se empresa para capturar, como non, zamburiñas, camaróns, nécoras, linguados, fanecas ou sollas.

A volandeira é moi parecida á zamburiña ou á vieira, pero, neste caso, é un molusco moito máis pequeno. Aínda que non por iso deixa de ter un sabor único. A súa pesca permítese nos últimos meses do ano, perfecta para chegar á mesa nas data de Nadal.
Como se pode apreciar na sesión fotográfica que fixemos, a vaolandeira cóllese na ría de Arousa con esta arte tradicional. De feito, só está pemitida nesta ría e para barcos pequenos, de ata 50 cabalos. Normalmente os barcos que a collen son de Cambados e de Rianxo.
A rede arrástrase ata o fondo, xa que as volandeiras viven sobre os fondos areosos e en augas non demasiado profundas.
O horario para a pesca co bou de vara está tamén restrinxido, xa que se debe realizar entre as 8 e as 14.30 horas, de luns a venres.
Como podedes apreciar nas imaxes, trátase dun proceso moi manual, en embarcacións moi pequenas e con equipos moi limitados.
Desfrutade, pois, desta pequena selección de imaxes da pesca da volandeira. Ou ben, na vosa casa, sen tanto traballo, desfrutade deste manxar da nosa ría.
Deixar unha resposta