Mari Carmen Figueira non repetirá polo PSOE nas próximas locais

23 Out

A Agrupación Socialista de Rianxo mandou unha nota de prensa indicando que “Mari Carmen Figueira, candidata socialista á alcaldía de Rianxo en 2015 e 2019, e actual primeira tenente de alcalde do municipio, non encabezará de novo a lista do PSdeG nos próximos comicios de maio de 2023”.

Dende había semanas xa circulaba a noticia por Rianxo e agora, o propio partido, acaba de confirmala. Segundo PSOE, “Figueira formalizou a súa renuncia a capitanear de novo a candidatura socialista no transcurso da asemblea” que se celebrou onte pola tarde, o sábado 22 de outubro.

Detrás desta decisión está a necesidade “darlle novos aires ao partido”. A nota de prensa indica tamén que a actual tenente de alcalde xa manifestara con anterioridade “o seu desexo de non repetir como cabeza de lista, ante o cal a Executiva local, da que ela é Secretaria Xeral, estivo buscando a persoa adecuada para coller o timón do partido”.

Na liña do que indicabamos antes, de que esta noticia xa circulaba dende hai semanas, tamén hai un nome que se repite unha e outra vez para presentarse nas próximas eleccións locais polo PSOE e que está moi vencellada ao deporte rianxeiro. En todo caso, dende o partido non dan nomes e só indica que “en próximas datas, a Executiva presentará ante a militancia á persoa que consideran máis idónea para pelexar por recuperar a alcaldía de Rianxo, a cal estivo en mans do BNG nas tres últimas lexislaturas”. 

No relativo á situación actual de Mari Carmen Figueira, a nosa de prensa aclara que “seguirá á fronte do partido a nivel orgánico como secretaria xeral”, ao tempo que ” e a”esgotará a lexislatura como concelleira e primeira tenente de alcalde no goberno bipartito de Rianxo”. 

Por último, dende o partido agradecen á política de Isorna “o seu traballo ao longo destes case 8 anos como Secretaria Xeral, candidata e portavoz municipal no pleno, en circunstancias ás veces moi difíciles, aos que se suman outros 12 anos máis como concelleira baixo os gobernos de Pedro Piñeiro”. 

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: