Tag Archives: galego

Galego na rede

23 Abr

Xoan A. Castro 2 (1 de 1).jpg

A nosa veciña Helena Villar Janeiro, ademais de ser unha grande escritora, demostra ser unha estupenda mestra que se sabe adaptar a calquera medio. Tanto é así que a rede se converte para ela nunha estupenda aula virtual na que poder difundir e promover a nosa lingua. Ademais de aos seus máis de 5.000 amigos no Facebook, grazas ao seu caderno dixital, non só nos dá o seu punto de vista sobre a actualidade, senón que desenvolve un curso de galego coa metodoloxía que se emprega para ensinar calquera lingua. Falamos con ela sobre o tema. Seguir lendo

Advertisements

Rianxo perde nunha década un 10% de persoas que sempre falaban galego

14 Out

galego

 

O noso segue a ser un concello de galegofalantes. Non obstante, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), nunha década Rianxo perdeu máis dun 10% de habitantes que usan o galego como primeira lingua.

Así, mentres no 2001 había un 96,77% de rianxeiros que dicían falar “sempre en galego”, fronte ao 2,18% que o facían “ás veces” e ao 1,04% que non o facían “nunca”, a cousa mudou. No ano 2011 (non sabemos que é o que pasa a día de hoxe) os que se comunican en galego sempre pasaron ser o 85,73%, fronte ao 14,27 que din falalo “non sempre”. O que non me queda claro é porque non se manteñen as opcións de “ás veces” ou “nunca”.

Se falamos dos municipios que están próximos a nós, onde máis baixou a porcentaxe de galegofalantes foi en Boiro. Aí baixaron un 20,89% (do 88,36 ao 67,47%).

En Lousame baixou un 12,89% (do 97,80 ao  84,91%). En Dodro a porcentaxe baixou en 10,73 puntos (do 97,30 ao 86,57%). Pola súa banda, en Padrón é onde menos se fala galego entre maiores de 5 anos. A porcentaxe entre 2001 e 2011 baixou nun 11,37% (do 70,58 ao 59,21%).

Da outra banda da ría, en Catoira a coua baixou en 14,67 puntos (do 84,36 ao 69,69%). Pero onde case non hai galegofalantes a tempo completo é en Vilagarcía, xa que no 2011 declaraban que só o falaban o 24,05% , fronte ao 36,8% da décad anterior.