Arquivo | Isorna RSS feed for this section

“Isto é un despropósito. Tomáronnos por tontos”

28 Feb

Os propietarios das fincas afectadas polo viaducto do AVE ao seu paso por Isorna están en pé de guerra. E non é para menos. Séntense enganados despois de dar todas as facilidades para construír unha obra que consideran de interese público. Sete anos despois, as fincas produtivas nas que levan anos traballando, son unha especie de pedregal que en nada se parece aos terreos que tiveron que deixar. E reclaman, como é lóxico, que a empresa deixe as fincas non de calquera maneira, senón intentando que queden en condicións moi semellantes a como se entregaron.

AVE (18)

Seguir lendo

O belén de Isorna

28 Dec

Onte, grazas ao señor José, que foi sacristán de Isorna, puidemos ver o belén que montan na parroquia. O certo é que debe ser o máis grande dos que hai en Rianxo e non lle falta ningún detalle.

IMG_2130

Seguir lendo

O peirán de Quintáns

21 Nov

quintans

Velaquí o peirán de Quintáns, en Isorna. Non só é fermoso dende o aire, senón dende terra. Podes chegar por unha pista estreita que remata nun fermoso cruceiro e unhas vistas espectaculares do río Ulla.

Marcha protesta pola supresión do autobús dende Isorna ao instituto

7 Nov
instituto

Imaxe de Google

Mañá domingo, ás 10 da mañá, está convocada unha marca a pé que partirá de Isorna e chegará a Rianxo sobre as 12 horas. Trátase dunha camiñata en protesta pola eliminación do autobús que ía dende a Vacariza ata o instituto de Rianxiño.

Como podemos ler no blog Loqueyotediga, partirase da antiga escola da Vacariza para amosar o enfado por esta medida dentro da “política de recortes” levada a cabo pola Consellería de Educación, facendo fincapé en que de novo o rural se ve afectado.

Quen o desexe pode unirse á marcha para apoiar o obxectivo, que non é outro que os rapaces non teñan que realizar 45 minutos de ida e outros 45 de volta nunha viaxe que cansa aos estudantes, porque os pais destes mozos non se resignan a “que este recorte sexa definitivo”.

Preguntas e respostas sobre o PXOM de Rianxo

17 Feb

planpxom

Un Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) sempre é un documento polémico. En todos os concellos. Así que quixemos informarnos un pouquiño máis sobre o tema e tamén explicar distintas cuestións que, como cidadáns e veciños de Rianxo, nos afectan.

Seguir lendo

O cabo de Trececruces

8 Feb

astrescruces

Documento da Xunta sobre as Tres Cruces

Por certo, que na punta de todo os cruceiros que aparecen son os da foto inferior.

As casas das cunchas rianxeiras

16 Nov

casa

Todos coñecemos de seguro a capela da Illa da Toxa. A súa gran peculiaridade é que está cuberta de cunhas de vieira. Aínda que no noso concello esa solución non é habitual, si que temos algúns exemplos parecidos.

Seguir lendo