Con motivo do mes da muller traballadora, a Concellería de Educación, Cultura e Normalizción lingüística do Concello de Rianxo encargoulle ao Cadro Artístico Airiños a realización dun novo TEATRO-EXPRÉS, que fale aos pequenos da vilae aos que se queiran achegar, das MULLERES que foron importantes para o desenvolvemento da nosa historia.
María Castaña, María Pita, Concepción Arenal, a inventora de Porto do Son Joaquina García, Pepa a Loba, A Bela Otero, María Casares, Chus Lago, Irene (a primeira futbolista muller do mundo, que era galega!), Maruja Mallo, Rosalía de Castro e a mesmísima Sés, entraron dentro deste espectáculo de pequeno formato (media hora) que percorreu as parroquias do concello durante toda a fin de semana
Tratouse dun espectáculo (coma o resto dos teatros-express) de carácter familiar, que tentou aunar a educación coa diversión dos máis pequenos, pero apelando tamén aos adultos que poden coñecer ou non as historias destas grandes mulleres que romperon os moldes da historia que lles tocou vivir.
Nós tivemos a oportunidade de velos actuar na sua última función en Asados, e a verdade, coma o ano pasado, non nos defraudaron en absoluto.
Aquí vos deixamos unhas instantáneas do que foi dando de si o espectáculo:
Deixar unha resposta