O Ministerio de Facenda acaba de publicar a débeda bruta e a débeta por habitante de cada concello. A última vez que a analizamos neste blog foi en 2014, cun dato relativo ao ano anterior. Daquela debíanse 3,27 millóns de euros. Baixou, subiu ou está a cousa igual?
Programa da Semana Santa rianxeira 2018
26 MarDe novo a devoción e a relixiosidade invadirán as rúas de Rianxo na Semana Santa de 2018. Coa ameaza da chuvia, o mércores, xoves e venres serán de novo os días máis intensos do programa organizado pola Irmandade da Paixón de Cristo.
David Broncano: “Mis padres vivían en Rianxo, así que nací ahí. Es muy bonito”
16 Mar
Imaxe de El Periódico
Seguro que o coñeces porque é un dos humoristas máis destacados do momento. O que de seguro non sabías é que David Broncano, a pesar de que ten acento de Xaén, naceu en Rianxo. Con só 32 anos conduce un programa de radio na SER e ten un late night en Movistar #0. Hai pouco en El Periódico definíano como un “genio” do humor, sabendo rirse de calquera cousa “sin necesidad de recurrir a la burla o a la humillación”.
A emotiva presentación do último libro de Esther Carrodeguas en Rianxo
2 MarHai varios días que a nosa veciña Esther Carrodeguas presentou o seu último libro, “Na butaca. Fantasía Nº 3 en Dor Maior”. A verdade é que foi un acto íntimo, pero moi emotivo. Os que estivemos alí vivimos un momento máxico cando Esther dediciu lernos varias páxinas da súa obra.
Seguir lendo
Desfile de carrozas en Rianxo 2018
18 FebDespois de moitos anos sen celebrar desfile de carrozas en Rianxo, neste antroido retomouse esta competición.
Imaxes de entroido do colexio Castelao de Rianxo
9 FebOs cativos do colexio Castelao desfilaron este venres previo ao carnaval para presumir de disfraces e de imaxinación. Dende logo que non faltou. O tema estaba centrado en cousas moi rianxeiras: nos nosos escritores, no mar e nos seus produtos e tamén na festa (si, pensades ben).
Toda a axenda de actividades no entroido 2018 en Rianxo, Taragoña e O Araño
7 FebO entroido comeza en Rianxo o día 9 de febreiro cunha festa organizada pola Comisión de Juadalupeñas na praza de Castelao. Pero hai moito máis.
Fotos da Guadalupe 2017: xogos populares
14 SetOs máis pequenos puideron desfrutar dos xogos e xoguetes da era pre-internet e pre-electricidade no marco das festas da Guadalupe.
Fotos e vídeo da Guadalupe 2017: o día de Padrón
13 SetNo día de onte tivo lugar dentro das festas da Guadalupe o Día de Padrón. O recibimento ás autoridades do concello de Rosalía de Castro estivo condicionado pola nubes, aínda que ao final a chuvia non fixo acto de presenza.