Old Memories Tattoo e RodaRianxo, dous novos emprendedores para novos tempos

7 Abr

Houbo un tempo no que se preguntásemos polo tipo de negocios que había en Rianxo, todo o mundo diría que “bares”. Curiosamente moitos foron baixando as persianas. E agora incluso dá pena pasar por algunha rúa, onde tamén pecharon tendas de toda a vida. Por iso, que en plena pandemia, dous emprendedores se animen a abrir un negocio na vila, é de agradecer. E se aínda por riba é un negocio diferente dos habituais, a sorpresa é aínda maior. Eles son Sandro García, de Old Memories Tattoo e Xoán Silva, de RodaRianxo. Se nestes días que fai bo queredes alugar una bici, podedes facelo a través da web de MercaRianxo. E se queredes facervos unha tatuaxe (dicirvos que a día de hoxe ninguén lles pediu gravar sobre a pel a Rianxeira), podedes pasar polo Subcampo de Rianxo ou ben mandarlles un whatsapp ao 637227646.

– Creo que sodes dos poucos negocios que se animaron a abrir en Rianxo en pleno ano de pandemia. Que vos animou a emprender?

– Xa tiñamos o local funcionando en Ribeira, pero decatámonos de que, tanto para piercing como tatuaxe, a maior parte de clientela viña da zona de Rianxo, Boiro e A Pobra. Ademais, nós somos de aquí.

– En Rianxo non había ningún estudio de tatuaxes. Como foi a acollida e como están a ser estes primeiros meses?

– Marabillosa. A xente mostrouse moi interesada dende o primeiro día e dende o primeiro dia non para de entrar e de saír xente do estudo. Despois dos dous primeiros meses, seguimos atope de curro, e agradecémolo moito.

Imaxe de www.instagram.com/oldmemories_tattoo

– Como é o perfil dos vosos clientes? Anímanse máis os máis novos ou tedes clientes de todas as idades?

– Non existe perfil, igual o primeiro cliente da tarde ten 19 anos e o seguinte 55.

– Tamén realizades piercings. Nun ano tan marcado polo Covid é importante dar todas as garantías e a seguridade de que quen realiza as perforacións é un profesional, non si?

– Creo que debería ser sempre así, non só polo Covid. Todo profesional do sector ten que ter feito o hixiénico sanitario e ser o máis coidadoso posible co proceso.

– Entrando no terreo das curiosidades. Cales son os tipos de tatuaxes que máis vos piden? Supoño que aí teredes dende temas máis “estéticos” ata outros que teñen unha vertente máis persoal.

 – Si, temos varios tipos de clientes pero, se os tivese que separar en tres grupos, estarían divididos en: “clientes que lles gusta o mundo da tatuaxe”, “clientes que se tatúan por estética” e “clientes que se tatúan por significado persoal”.

– Algún motivo rianxeiro vos pediron? Non sei se xa hai algunha Virxe da Guadalupe tatuada ou se leva máis Castelao?

– Pois non, pero dende aquí fago un chamamento a que por favor nos pidan motivos rianxeiros!

– No voso local tamén se poden alugar bicicleta, en RodaRianxo. É outro negocio diferente dos habituais. Como xurdiu a idea?

– A idea de Rodarianxo e de unha persoa externa ao estudo, amigo de sempre, e claro, pareceunos boa iniciativa e pegaba bastante co estilo do estudio.

– Tedes todo tipo de bicicletas: para levar a nenos, bicis de montaña e incluso tándems. Hai que está a redescubrir a bici grazas a vós?

– Si, a idea e ter variedade para dende quen queira facer unha ruta ata quen queira dar un paseo por o pobo. Hai quen non se acordaba xa nin de pedalear, por iso ofrecemos casco sempre!

– As bicis son para o verán ou para todo o ano?

– As bicis son para todo o ano pero debido ao clima máis ben son para a tempada de verán.

– Non sei se recomendades algunha ruta para desfrutar da bici ou a xente xa ten claro por onde quere pasear?

– Se nos preguntan claro que recomendamos. De feito, agora estamos a preparar un mapa con rutas, xa que temos uns paisaxes moi fermosas escondidas por todo o Concello.

– É unha iniciativa moi interesante para os turistas. Pero entendo que nesta época sobre todo os que se animan son os propios veciños de Rianxo.

– Si, ata agora a maioría son de aquí. Hai quen lle colleu o gusto e vén todas as semanas a por unha bici, a verdade e que nunha vila tan chan coma a nosa desfrútase un montón!

Imaxes quitadas do Instagram de Old Memories Tattoo e de RodaRianxo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: