O pasado venres choveu tanto, tanto, tanto, que o río Te botou por fóra. Velaquí tedes algunhas imaxes desa tarde á altura da ponte que hai no Batán (O Araño):
De feito, podedes ver como a forza da auga levou por diante esta ponte de madeira do paseo do río. Curiosamente esta ponte xa fora arrincada noutro anegamento hai cousa de dous anos e estivo así ata a primavera pasada, cando a arranxaron. Agardemos que desta vez non tarde tanto en poñerse ben.
As intensas chuvias tamén provocaron máis dun susto no que ao tráfico se refire. Nesta foto, toma preto de Carballal (O Araño), o coche ao haber tanta auga non puido ver onde comezaba o rego e meteu a roda sen darse conta:
Pero tamén ía con moitísima auga o regueiro que pasa polo medio do Pazo. De feito, o lavadeiro nin se vía:
Deixar unha resposta