Limpeza no río Te

26 Set

A través de La Voz enterámonos de que mañá, 27 de setembro, Rianxo participa no proxecto “Móllate polos ríos”. A idea é realizar unha limpeza de forma simultánea en distintos ríos de 40 concellos galegos e un deles será o Té, onde a xente pode ir de forma voluntaria e botar unha man.

O punto de encontro será a Laxe Pequena, ás 10.00 da mañá. Como se explica na web desta iniciativa, “o máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito”.

A idea é realizar unha limpeza dos refugallos máis visibles que poida haber no río Té e que poñen en perigo a fauna e a flora do lugar: papeis, plásticos, madeiras, baterías, chatarra… Pode apuntarse calquera e non é necesario estar inscrito previamente.

Ademais, dende o Concello indican que porán “a disposición dos participantes luvas e bolsas para a recollida. Trátase dunha actividade familiar e de concienciación ambiental, polo que está aberta á participación dos máis cativos”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: