Arquivo | curiosidades RSS feed for this section

Samaín no colexio de Rianxo 2017

2 Nov

Hoxe facemos un percorrido polas monstrosas e creativas creacións de Samaín dos rapaces da escola de Rianxo. Vese que nos encantan as cabazas, as meigas e os trasgos. De novo, un xenial traballo e felicitamos a todos os nenos rianxeiros.

Seguir lendo →

As cabazas de Samaín do colexio de Asados 2017

31 Out

Os cativos do colexio Ana María Diéguez de Asados son uns artistazos. Mirade senón que cabazas tan chulas e tan orixinais fixeron neste Samaín.

Seguir lendo →

Un raposo, cliente habitual dun restaurante de Rianxo

8 Set

“Non cho creo”, “É imposible” ou “Non pode ser”. Estas de seguro que foron algunhas das frases que escoitou Carlos Sobradelo Mariño, dono do Restaurante Mesón A Casilla, cando comentaba con outros clientes que un raposo era visitante habitual do seu local.

Seguir lendo →

Así era Tanxil antes

31 Ago


Botamos a vista uns anos atrás para lembrar como era a antiga praia de Tanxil. Unha das estampas máis coñecidas era a de arriba, o dique de Baltar, rodeado de auga, con barquiñas e a Moreniña de Asorey vixiando dende o alto.

Fotos de César González (aínda que nolas pasara Manolo Franco).

Seguir lendo →

Fotos das alfombras do Corpus Christi 2017 en Rianxo

18 Xuñ

De novo foi un pracer poder pasear polas rúas de Rianxo e contemplar as alfombras que con tanto cariño e tanto esforzo fixeron moitos veciños da localidade. O noso recoñecemento e gratitude a todas esas mulleres, homes e cativos que estiveron toda a noita traballando para que o día do Corpus Christi en Rianxo sexa tan especial.

Seguir lendo →

Vídeos da voda de Eva Iglesias

18 Mar

Compartimos con vós a chegada á praza da Igrexa de Rianxo, dos noivos. Primeiramente vemos a Roberto, o mozo de Eva Iglesias, que chega entre aplausos dos veciños.

Seguir lendo →

Fotos da voda de Eva Iglesias, colaboradora do Land Rober da TVG

18 Mar

Aínda que habitualmente non tratamos eventos sociais neste blog, a verdade é que hoxe en Rianxo non se falaba doutra cousa que non fora a voda de Eva Iglesias, a coñecida colaboradora do Land Rober. E xa era máis que coñecida por todos polo seu traballo en varias orquestras (Abanico, Cinema e Marbella) e que na pequena pantalla tamén actou na serie “Augasquentes”. Antes foi a gañadora de “Canteira de Cantareiros” no Luar.

Seguir lendo →

O grupo Os Chapís cantan ao paraíso de Rianxo

12 Mar

Grazas a José Luís Dopico Orjais e á Aula de Cultura Musical da Galiza (Uned Senior Rianxo) podemos desfrutar de documentos únicos coma este. Nel aprezamos ao grupo Os Chapís (encabezados por Manuel e Humberto Vicente) cantándolle a Rianxo.

Seguir lendo →

O Casco de Ouro de Leiro, no castelo de Santo Antón da Coruña

12 Mar

Se algunha vez visitades A Coruña, lembrade pasarvos polo castelo-museo de Santo Antón. Alí tedes exposto o chamado Casco de Ouro de Leiro, que en abril de 1976 atopou José María Vicente. Ademais, os sábados a entrada é gratis, polo que non tedes excusa 😉

Seguir lendo →

O himno de Rianxo

11 Mar



Grazas á presentación do libro de Arcos Moldes de Comoxo e de Santos descubrín que Rianxo ten un himno, que foi interpretado alí en directo pola Aula de Cultura Musical da Galiza da UNED Senior en Rianxo.

Seguir lendo →