Arquivo | curiosidades RSS feed for this section

Imaxes do entroido na escola de Asados 2017

24 Feb

Velaquí os disfraces dos cativos da escola María Diéguez de Asados.

Seguir lendo

O Sal da Terra, a serie da TVG que ten lugar en Rianxo

9 Feb

saldaterra

Onte comezou na Televisión de Galicia “O Sal da Terra”, un programa que ten lugar en Rianxo.

Non é o típico formato de televisión, xa que é unha mestura entre serie de ficción, reportaxes e receitas cociña, pero a verdade é que está simpático. A idea xira arredor de Carmela, unha muller que se viu a vivir a Rianxo. Alí múdase tamén o seu fillo Berto despois de quedar sen traballo e sen moza.

Carmela podemos ver como visita o mercado de Rianxo, como vai mercar ao posto da Montañesa e tamén como visita diferentes postos no mercadillo na praza da Guadalupe. Ademais, tamén vai coñecer o Museo do Mar, onde lle explican a arte tradicional do xeito, coa que se pescan as xoubas.

Como curiosidade, indicar tamén que colaboraron varios compoñentes do grupo de Teatro Airiños. En concreto Raquel, Xián, Ramona e Saro.

A Coral do Liceo Marítimo de Rianxo sobre o dique de Baltar

31 Xan

De novo un curioso documento audiovisual. A Coral do Liceo Marítimo Rianxeiro canta “Son de Rianxo” enriba do dique de Balta, cando daquela aínda chegaba ata alí a auga. É unha gravación dos anos 90 do programa “Desde Galicia para el mundo” de TVE e recollido pola
Aula de Cultura Musical da Galiza (Uned Senior Rianxo).

Os nenos de Asados cantan aos Reis

6 Xan

Precioso o vídeo no que cantan os cativos de 6º de educación infantil do CEIP Ana María Diéguez de Asados. Interpretan a canción “Metido nun ovo” con música da Charanga Vai de Roda. A montaxe e gravación foi realizada por Fachico Gómez.

Rianxo dende o espazo: como evolucionou dende 1984 a 2016

4 Dec

Grazas a Google Earth Engine temos a oportunidade de ver como cambiou Rianxo nestes últimos 32 anos. Podemos ver dende o aire como foi a evolución dende 1984 a 2016, como se constrúe a autovía do Barbanza, o polígono de Te, as vías do AVE, como medra o porto de Rianxo…

Convidámoste a ver este timelapse:

Super Lúa

15 Nov

img_9926

Onte pola noite saímos a afotar o fenómeno denominado “Super Lúa”. Tivemos moita sorte, porque a pesar de estarmos en novembro, o ceo estaba totalmente despexado.

A verdade e que sempre resulta gratificante facerlle fotos pero, cando se dá o caso e está tan resplandecente e grande resulta, se cabe, máis apaixoante.

img_9926-editar

img_9926-3

Os cemiterios rianxeiros o día de Todos os Santos

1 Nov

Hoxe foi un día no que moitos rianxeiros visitamos os camposantos da nosa parroquia para lembrar aos nosos familiares, ao tempo que decoramos con flores, candeas e lámpadas os panteóns. En Fotos de Rianxo visitamos os seis cemiterios rianxeiros e así estaban.

Imaxe do do Araño:

cemiterio-arano

Así lucía o de Asados.

cemiterio-asados

Aquí tes unha imaxe do de Isorna:

cemiterio-isorna

E aquí un dos máis fermosos do concello, o de Leiro:

cemiterio-leiro

Outro con moita afluencia foi o de Rianxo:

cemiterio-rianxo

E rematamos co de Taragoña, que lucía moi iluminado:

cemiterio-taragona

Exposición de pintura de Karin Kuijper en Rianxo

1 Nov

 

Este venres 4 de novembro teremos a posibilidade de coñecer a obra pictórica dunha holandesa afincada en Rianxo, Karin Kuijper. A exposición estará aberta no auditorio ata o 26 de novembro. Karin leva seis anos vivindo no noso concello e pinta dende o 2008, cun estilo que define como Naive (Naíf), segundo vemos na web do Concello, “caracterizado pola inxenuidade e espontaneidade, moito colorido con brillos e contrastes e a escasa técnica. En moitos aspectos, recorda ou inspírase na arte infantil”. A exposición, como dicimos, inaugúrase o venres ás 20.30h, onde estará a propia artista, a concelleira de cultura e o alcalde de Rianxo para presentar a mostra.

 

Un veciño de Rianxo, en First Dates

1 Nov

firstdates

José Ángel, un veciño de Rianxo de 20 anos, foi un dos protagonistas do reality de citas “First Dates”, que cada noite emite a canle Cuatro. Acudiu ao programa de onte na busca do amor. Tería sorte? Podes ver un adianto pinchando sobre a imaxe, ou ben o programa completo aquí.

Do porto de Leiro ata o de Rianxo, en kayak

28 Ago

costa 003

Grazas aos kayaks de D’Fabula Ocio, puidemos facer unha ruta moi especial polo mar. En concreto, percorremos a costa dende o porto de Leiro ata o de Rianxo ao atardecer. A verdade é que o mar che ofrece unha perspectiva da costa moi diferente e, ao tempo, moi fermosa. Isto foi parte do que vimos.

Seguir lendo