Este venres 4 de novembro teremos a posibilidade de coñecer a obra pictórica dunha holandesa afincada en Rianxo, Karin Kuijper. A exposición estará aberta no auditorio ata o 26 de novembro. Karin leva seis anos vivindo no noso concello e pinta dende o 2008, cun estilo que define como Naive (Naíf), segundo vemos na web do Concello, “caracterizado pola inxenuidade e espontaneidade, moito colorido con brillos e contrastes e a escasa técnica. En moitos aspectos, recorda ou inspírase na arte infantil”. A exposición, como dicimos, inaugúrase o venres ás 20.30h, onde estará a propia artista, a concelleira de cultura e o alcalde de Rianxo para presentar a mostra.
Deixar unha resposta