Arquivo | curiosidades RSS feed for this section

Do porto de Leiro ata o de Rianxo, en kayak

28 Ago

costa 003

Grazas aos kayaks de D’Fabula Ocio, puidemos facer unha ruta moi especial polo mar. En concreto, percorremos a costa dende o porto de Leiro ata o de Rianxo ao atardecer. A verdade é que o mar che ofrece unha perspectiva da costa moi diferente e, ao tempo, moi fermosa. Isto foi parte do que vimos.

Seguir lendo

Fotos da reitorial de Isorna

17 Xul

reitoral (2)

Hai un tempo publicamos por aquí imaxes do hórreo de Isorna, o terceiro máis grande de Rianxo. Pois ben, hoxe queremos colgar as imaxes do resto do conxunto do que forma parte, da fermosa reitoral onde podemos atopar pezas únicas como un retrete de pedra que daba directamente ao rego que discurría por detrás da finca, algo pouco habitual naqueles tempos.

Agradecerlle de novo ao arquitecto Carlos Henrique Fernández Coto e ao antigo sacristán da parroquia por poder gozar dunha visita única a un sitio realmente fermoso.

Seguir lendo

Gaiteiros do Liceo tocando nos anos 90 xunto a Tanxil

5 Xul

Impresionante o documento audiovisual da Aula de Cultura Musical da Galiza (Uned Senior Rianxo). É da década dos 90 e forma parte dunha secuencia do programa de “Desde Galicia para el Mundo” que daquela emitía TVE. Como podedes ver, son gaiteiros do Liceo Marítimo de Rianxo tocando ao lado do paseo dunha praia de Tanxil sen anchear 🙂

A Santa Compaña 2016 volveu percorrer Rianxo

27 Xuñ

IMG_5594
Había anos que os vellos de Rianxo non falaban da Santa Compaña, porque non percorría os camiños e corredoiras dos montes das distintas parroquias. A cousa cambiou o sábado pola noite, cando as almas en pena conseguiron un séquito de 200 persoas e deixaron tras de si un rastro de luz.

Seguir lendo

Chat

Retirada de abellas na praza da Guadalupe

2 Xuñ

Durante esta tarde a policía municipal de Rianxo acordoou parte da praza da Guadalupe. O motivo foi un exame de abellas.

Nun primeiro momento pensamos que podían ser avespas asiáticas, pero xa nolo desmentiron dende o Concello, polo que pedimos desculpas polo erro.

image

image

image

Ao pouco, chegou un apicultor, protexido totalmente cun traxe. Colleu algunhas abellas, coa raíña, e pouco a pouco o resto fóronse introducindo. Dese xeito xa se evita todo perigo na zona. A actuación, como vino, foi moi rápida.

image

image

image

A romaría de San Pedro de Vilas, escenificada no Luar da TVG

31 Mai

O pasado 27 de maio, moitos veciños do concello estiveron no plató do Luar da TVG. Alí representaron a romaría do San Pedro de Vilas, cantaron e bailaron. Velaquí ese marabilloso momento. Estivo a xente de Vai de Roda, a agrupación Río de Anxo e a xente de Airiños.

A Rianxeira, por Víctor Grande

27 Mai

Fragmento dun monólogo de Víctor Grande feito na Coruña coa Rianxeira como tema principal 🙂

Foto da balea que chegou a Tanxil e foi a morrer na praia das Sinas

26 Mai

Balea_Rianxo_1915

Fernando Ponte Hernando, doutor en Mediciña e Cirurxía na USC e doutor en Historia da Ciencia na UdC envíanos esta fotografía. Como nos conta el mesmo hai uns anos publicou e presentou en Rianxo o seu libro sobre o Ángel Baltar Cortés. Por iso nos manda esta foto que lle cedeu a familia do doutor Miguel Gil Casares (1871-1931), a quién está dedicada.

Na foto pode lerse: “Villagarcía de Arousa. Playa de las Sinas. ¿? (Ballenóptero) que herido a tiros en Rianjo, vino a morir en riba playa el noviembre 1915”.

A historia, como sabedes, foi escrita no seu día por Rafael Dieste. E tamén foi recollida por Rabunho Rexeita, que sacou á luz as primeiras noticias sobre o tema, publicada en novembro de 1916, o cal non coincide coa data da fotografía. Pero, sen dúbida, é un documento único e de gran valor.

40 anos do descubrimento do casco de ouro de Leiro

4 Abr

Esta semana cúmprense 40 anos dende que José María Vicente, un veciño de Leiro, atopou o famoso casco de ouro. Para celebrar este aniversario, o xoves 7 de abril terá lugar unha mesa redonda no Auditorio Municipal, ás 20 horas, onde estará o propio descubridor, o xornalista e experto Manuel Gago, a doutora e profesora da Universidade de Vigo Bea Comendador ou o Xefe do Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia, Roberto Pena Puentes.

Non deixes de acudir ao evento ou de ler a entrevista que lle fixemos no seu día a José María Vicente.

Proba de pastores alemáns no Araño

24 Feb

21022016-HPIM1842

Esta fin de semana tivo lugar no Araño unha proba da Delegación de Galicia do Real Club Español do Can Pastor Alemán (CEPPA). Tratábase dun evento clasificatorio para o Campionato de España.
Seguir lendo