Velaquí algunhas imaxes do moito que choveu estes días nas parroquias de todo Rianxo.
150.000 visitas durante o 2015
3 XanTemos que darvos unha vez máis as grazas, porque neste 2015 batemos unha nova marca en canto a visitas. Nin máis nin menos que 151.646 visitas. Ou o que é o mesmo, un 50% máis que o ano pasado (que xa eran moitas). Un incremento enorme que nos dá certa vertixe e responsabilidade, todo hai que dicilo. Seguramente neste 2016 non consigamos tantas, pero intentaremos seguir publicando contidos e entrevistas interesantes.
Os 10 artigos que máis repercusión tiveron foron os seguintes:
- Listas para as municipais 2015 no concello de Rianxo: 5.528 visitas
- Fotos e crónica da III Marcha BTT de Rianxo: 3.384 visitas
- Fotos das Festas da Guadalupe 2015: o feirón mariñeiro: 3.103 visitas
- Fotos das Festas da Guadalupe 2015: o feirón mariñeiro: 3.068 visitas
- Fotos da Guadalupe 2015: o chupitaso: 2.968 visitas
- Fotos da Pasarela Castelo da Lúa 2015: 2.715 visitas
- Fotos das festas da Guadalupe 2015: o día das Juadalupeñas: 2674 visitas
- Enquisa de intención de voto en Rianxo: 2.104 visitas
- Fotos das Festas da Guadalupe 2015: o último día: 1.969 visitas
- Nespras asiáticas en Taragoña: 1.808 visitas
Ademais, tivemos visitas de 102 países de todo o mundo, polo que vemos que hai moitos rianxeiros que nos seguen dende lonxe da súa terra. Os Estados Unidos (1.984 visitas), Reino Unido (1.943 visitas) e Suíza (753) son os países que máis pendentes están do noso blog. E incluso tivemos, xa como dato anecdótico, unha visita dende Mongolia e outra dende a Illa de Man.
O fin de ano en Rianxo, un éxito
2 XanNon se podería cualificar con ningunha outra palabra que non fose a de éxito. Está claro que cada vez máis rianxeiros deciden quedarse aquí en lugar de saír noutros concellos como Boiro, porque o ambiente é inmellorable e teñen diversión e moi boa compañía durante toda a noite.
Algunhas das decoracións de Nadal máis chamativas de Rianxo
29 DecAno a ano vemos como as luces invaden durante o Nadal as fiestras, balcóns e portais das casas. O que hai un tempo era inimaxinable, hoxe en día é cada vez máis habitual e axuda a crear ese ambiente de festas. Velaquí algunhas desas decoracións que máis nos chamaron a atención. E vós, tedes algunha preto?
Bo Nadal e feliz 2016!
24 DecDe parte de Xoán e de Óscar, dos que compoñemos fotosderianxo.com, queremos desexarvos unhas moi felices festas. Que o 2016 veña cargado de boas noticias que contar, de fotos estupendas e de grandes momentos para poder compartir con vós. Unha aperta!

O 4G pode ocasionar interferencias na televisión en Rianxo
20 DecHai tempo, de seguro que vos lembrades, tivo lugar o apagón analóxico. O primeiro que notamos todos foi que as nosas antigas televisións de tubo non servían e había que mercar un adaptador TDT para ver as canles. Ou iso ou pasarnos ás modernas teles de plasma.
Decoración artesanal en Rianxo polo Nadal
16 Dec
Unha vez máis, e por segundo ano consecutivo, as rúas e edificios públicos de Rianxo vense engalanados por decoración navideña artesanal.
As cores do outono en Rianxo
11 DecHabitualmente pensamos nesta época como meses fríos e grises. Pero realmente os matices e as cores desta estación con únicos. Nos montes de Rianxo pensamos habitualmente en piñeiros e en eucaliptos, que son de folla perenne, e están verdes todo o ano. Pero hai grande abundancia de carballos e cada vez temos máis castiñeiros, sobre todo á beira do río Te. Velaquí algunhas estampas do outono no noso concello.
Canto cobra un concelleiro en Rianxo?
27 NovEsta semana, Xusto Xosé Ordóñez Figueira, terceiro tenente de alcalde de Rianxo e concelleiro de Deportes e Patrimonio Histórico sorprendíamos ao publicar as súas nóminas. Fíxoo na súa páxina Rabunho Rexeita, para que así puidésemos coñecer de primeira man canto cobra polo seu traballo no Concello.


























